A autoestima é a
avaliación subxectiva que unha persoa fai sobre si mesma e que lle facilita a
adaptación, a felicidade, a autonomía e a aprendizaxe. A autoestima xoga un
papel importante nas nosas decisións e na nosa vida porque determina as nosas
probabilidades de éxito.
A autoestima
fórmase a partir dos 5-6 anos a partir das relacións que establecemos coa nosa
contorna, exprésase a través das emocións e sentimentos e depende en boa medida
da nosa autoimaxe e a nosa percepción
de autoeficacia.
Pero, como fomentar a autoestima
dos nosos fillos e fillas?
Algunhas pautas que nos poden axudar para que os nosos fillos e fillas desenvolvan unha autoestima adecuada son:
- Dar responsabilidades aos nosos fillos e fillas.
- Ser un modelo para seguir para os nosos fillos e fillas coidando a nosa propia autoestima, hábitos e valores.
- Poñer límites e normas claras, coherentes e razoables.
- Facerlles sentir queridos e aceptados usando palabras amables con eles, mostrándolles afecto, sorríndolles... e demostrando o noso amor incondicional. Non teñen que portarse ben ou cumprir certos logros para gañarse o noso amor. Pasar tempo de calidade con eles e elas.
- Destacar os seus puntos fortes animándoos a facer aquilo que se lle dá ben e identificando os seus puntos débiles para traballalos.
- Censurar o erro, non a persoa. Axuizamos a conduta inapropiada e non emitimos xuízos de valor sobre o noso fillo ou filla.
- Animalos/as a alcanzar o éxito e ensinarlles a aceptar o fracaso. Valoramos o esforzo, non o resultado. Deixar que o noso fillo ou filla cometa erros porque lles permite aprender e experimentar novos retos.
- Ensinarlles novas habilidades a través de novas actividades aínda que sexan moi simples.
- Darlles a oportunidade de elixir aínda que sexa en cousas pouco importantes (xoguetes, roupa…) porque aprenden a tomar decisións de forma responsable e asumir riscos.
- Non resolver os seus problemas, mostrando confianza nas súas capacidades e dándolle as ferramentas que necesite para facelo por si mesmo/a, aínda que sexa coa nosa axuda.
- Incentivar que os nosos fillos e fillas asuman certos riscos poñendo a proba as súas habilidades e capacidades para coñecer os seus límites e mellorar as súas aptitudes.
- Ensinarlles a coidarse de si mesmos e dos outros.
- Animarlles a que realicen novas actividades, deportes ou aprendizaxes cando queiran pero explicándolles os seus riscos e consecuencias (horas de práctica, disciplina…).
- Animalos e reforzalos pero evitando esaxerar os seus logros e aptitudes para permitirlles ter un autoconcepto equilibrado e realista sen someterlle a unha presión excesiva.
- Detectar e corrixir as súas crenzas limitantes, ensinándolles a quererse tal e como son.
https://www.psicologia-online.com/actividades-para-fortalecer-la-autoestima-en-ninos-4015.html, https://psicologiaymente.com/desarrollo/estrategias-mejorar-autoestima-hijo, https://www.familiaysalud.es/vivimos-sanos/salud-emocional/en-el-nino-mayor-y-adolescente/porque-yo-lo-valgo-autoestima-en-la