Páginas

viernes, 6 de agosto de 2021

INICIO DA ESCOLARIDADE

Comezamos a escola o 9 de setembro pero antes queríamos deixar unhas pautas sobre hábitos para pais e nais de nenos e nenas que inician a escolarización este curso, unhas pautas do Departamento de Orientación e o equipo de mestras de Educación Infantil que faciliten o inicio da escolaridade e o díptico de benvida da escola ADAPTADO AO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 que contén as principais normas do centro e o calendario do período de adaptación.

 





miércoles, 4 de agosto de 2021

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de becas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional: dende o 3 de agosto de 2021 ata o 30 de setembro de 2021

Podedes atopar toda a información desta convocatoria en: 



miércoles, 16 de junio de 2021

TRANSICIÓN AO IES: PAUTAS PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS

Deixamos ao alumnado e ás familias de 6º curso de educación primaria unha guía para facilitar o acceso ao IES. Cambiamos de etapa e de centro e queremos acompañar unha vez máis aos nosos pequenos e pequenas neste momento de cambios, de asunción de novas responsabilidades, de moitos nervios...

Aínda que un curso máis, debido á situación provocada pola COVID 19, a visita ao noso IES non foi posible, queremos estar convosco neste momento deixándovos esta guía e un vídeo de acollida elaborado polo alumnado do IES de Salvaterra.

Moita sorte para os nosos cativos e cativas nesta nova etapa!!



jueves, 29 de abril de 2021

COMO FOMENTAR A AUTOESTIMA DOS NOSOS FILLOS E FILLAS?

 


A autoestima é a avaliación subxectiva que unha persoa fai sobre si mesma e que lle facilita a adaptación, a felicidade, a autonomía e a aprendizaxe. A autoestima xoga un papel importante nas nosas decisións e na nosa vida porque determina as nosas probabilidades de éxito.

A autoestima fórmase a partir dos 5-6 anos a partir das relacións que establecemos coa nosa contorna, exprésase a través das emocións e sentimentos e depende en boa medida da nosa  autoimaxe e a nosa percepción de  autoeficacia.

Pero, como fomentar a autoestima dos nosos fillos e fillas?

Algunhas pautas que nos poden axudar para que os nosos fillos e fillas desenvolvan unha autoestima adecuada son:

  • Dar responsabilidades aos nosos fillos e fillas.
  • Ser un modelo para seguir para os nosos fillos e fillas coidando a nosa propia autoestima, hábitos e valores.
  • Poñer límites e normas claras, coherentes e razoables.
  • Facerlles sentir queridos e aceptados usando palabras amables con eles, mostrándolles afecto, sorríndolles... e demostrando o noso amor incondicional. Non teñen que portarse ben ou cumprir certos logros para gañarse o noso amor. Pasar tempo de calidade con eles e elas.
  • Destacar os seus puntos fortes animándoos a facer aquilo que se lle dá ben e identificando os seus puntos débiles para traballalos.
  • Censurar o erro, non a persoa. Axuizamos a conduta inapropiada e non emitimos xuízos de valor sobre o noso fillo ou filla.
  • Animalos/as a alcanzar o éxito e ensinarlles a aceptar o fracaso. Valoramos o esforzo, non o resultado. Deixar que o noso fillo ou filla cometa erros porque lles permite aprender e experimentar novos retos.
  • Ensinarlles novas habilidades a través de novas actividades aínda que sexan moi simples.
  • Darlles a oportunidade de elixir aínda que sexa en cousas pouco importantes (xoguetes, roupa…) porque aprenden a tomar decisións de forma responsable e asumir riscos.
  • Non resolver os seus problemas, mostrando confianza nas súas capacidades e dándolle as ferramentas que necesite para facelo por si mesmo/a, aínda que sexa coa nosa axuda.
  • Incentivar que os nosos fillos e fillas asuman certos riscos poñendo a proba as súas habilidades e capacidades para coñecer os seus límites e mellorar as súas aptitudes.
  • Ensinarlles a coidarse de si mesmos e dos outros.
  • Animarlles a que realicen novas actividades, deportes ou aprendizaxes cando queiran pero explicándolles os seus riscos e consecuencias (horas de práctica, disciplina…).
  • Animalos e reforzalos pero evitando esaxerar os seus logros e aptitudes para permitirlles ter un  autoconcepto equilibrado e realista sen someterlle a unha presión excesiva.
  • Detectar e corrixir as súas crenzas  limitantes, ensinándolles a quererse tal e como son.

https://www.psicologia-online.com/actividades-para-fortalecer-la-autoestima-en-ninos-4015.html, https://psicologiaymente.com/desarrollo/estrategias-mejorar-autoestima-hijo, https://www.familiaysalud.es/vivimos-sanos/salud-emocional/en-el-nino-mayor-y-adolescente/porque-yo-lo-valgo-autoestima-en-la

domingo, 11 de abril de 2021

REGULACIÓN E AUTONOMÍA EMOCINAL

 


Que podemos facer cando temos un problema e sentímonos enfadados, tristes... Algunhas ideas que resultan moi útiles para sentirse mellor son as seguintes:

  • Tómate un descanso: Apártate do problema para que poidas calmarte e pensar con maior claridade: imos á habitación, xogamos, lemos un libro, estamos coa nosa mascota, bebemos auga, facemos un debuxo...
  • Busca pensamentos fríos: Dicímonos cousas para sentirnos mellor: Enfadarme non me vai axudar, non merece a pena enfadarse por calquera cousa, podo facer fronte a isto...
  • Librámonos do enfado de forma segura con dous métodos:

o   Métodos activos: Exercitamos os nosos músculos de xeito divertido durante 10-15 minutos e sentímonos mellor: subir e baixar escaleiras, dar un paseo en bicicleta, correr...

o   Métodos para calmarse mentres respiramos (inspiramos polo nariz contando ata 3 e espiramos polo nariz contando ata 4):

§  Estirámonos: Poñendo as mans nos ombreiros e xirando o tronco a dereita e esquerda mestras respiramos, subindo e baixando as mans unidas por detrás das costas, xirando a cabeza a ambos lados...

§  Apertar: Por exemplo unha almofada mentres facemos exercicios de respiración.

§  Dar golpeciños: por exemplo sobre os ombreiros cos brazos formando un X sobre o peito mentres contamos os golpeciños.

  •       Resolvemos e ocupámonos do problema: plantarlle cara e facer algo para que mellore a situación.

o   Falar con calma e claridade: dicimos en voz alta cal é o problema. Pensamos no que queremos.

o   Somos flexibles, somos capaces de aceptar que algo sexa un pouco distinto do que queríamos chegando a acordos: todo o mundo consigue parte do que quere ou algo que se lle pareza, pero non exactamente o que quería. Todos cedemos en algo e todo o mundo consegue algo.

  •       Nalgunhas situacións seguimos adiante: non pensamos ou damos voltas a un problema aínda que non se resolvese se este non é moi importante. Pasamos a outra cousa. Non perdemos o noso tempo nin a nosa enerxía en loitar contra algo que en realidade non é tan importante.

Que puedo hacer cuando ESTALLO por cualquier cosa de DawnHuebner e ilustrado por Bonnei Matthews.


sábado, 3 de abril de 2021

"CORDAS"

Dende o noso blog, hoxe, queremos amosar a nosa tristura pola morte de Nicolás, Nico, o fillo de Pedro Solís, director e guionista gañador en 2014 dun Goya na categoría de “Mellor curtametraxe de animación español” pola súa curtametraxe de animación “Cordas” baseada na relación entre Nicolás e a súa irmá María.

“Cordas” narra a historia de amizade entre María e o seu novo compañeiro de clase, Nico, un neno con parálise cerebral, co que comparte xogos usando a súa imaxinación e enxeño.




viernes, 2 de abril de 2021

2 de ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, data decretada polas Nacións Unidas coa finalidade de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como dos adultos que sofren este trastorno e brindarlles unha mellor calidade de vida.

O autismo é un trastorno neurobiolóxico do desenvolvemento, que se manifesta durante os primeiros anos de vida e que se caracteriza por ser unha condición que afecta a interacción co mundo exterior, ao contacto coas persoas da contorna e problemas de comunicación verbal..

Para conmemorar este día dende o Departamento de Orientación compartimos estes vídeos:

Float é unha nova curta animada de Pixar e dirixida por Bobby Rubio, que fala da súa relación co seu fillo que ten autismo.

Curtametraxe de animación producida pola Fundación Orange e realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo, para facilitar o coñecemento desta síndrome pola sociedade.

Vídeo sobre Benjamin Rosloff, novo cineasta, que visitou a Sede das Nacións Unidas en Nova York  e realizou unha entrevista ao entón Secretario Xeral, Ban Ki- moon en 2016,    O autismo non lle impide a Benjamin perseguir o seu soño de facer películas nin de participar de forma plena e efectiva na sociedade.