Páginas

jueves, 23 de abril de 2020

CAIXA DA CALMA

Para facilitar a estabilidade emocional dos vosos fillos e fillas propoñemos facer unha caixa da calma, unha caixiña que creamos con eles e elas e na que imos poñer eses obxectos que teñen a capacidade de axudalos, calmalos e relaxalos. 

Deixamos unhas pautas sobre como facela e usala!






miércoles, 22 de abril de 2020

CONFERENCIA ON-LINE DOWN GALICIA

O xoves, 23 de abril, ás 19,00 h terá lugar unha conferencia organizada por  DownEspaña e a fundación gmp na que Agustín Huete, profesor de sociología da Universidade de Salamanca, falará da realidade das mulleres con síndrome de Down en España na conferencia: "Mulleres con valor".


ID de la reunión: 98374926705

TEATROTECA

Deixámosvos un enlace á plataforma para a xestión e o préstamo de contido dixital (ebooks, audio e vídeo): TEATROTECA. Esperamos que vos sexa de utilidade estes días!


CADERNO DE TRABALLO, XOVES 23 DE ABRIL

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 23 de abril.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Hoxe imos facer unha lectura en galego, a nosa proposta é  Nube Branca quere ser astronauta, un conto de Pablo Nogueira ilustrado por Manuel Uhía. Esperamos que vos guste! 

Agora, queres escoitar o conto? Preme aquí

Seguimos coa clase da profe Paula para traballar a atención e o razoamento lóxico con materiais que temos na casa, e a canción de nubes. Prememos no encerado que temos debaixo e non vos esquezades de descargar a presentación!
A continuación traballamos numeración e problemas matemáticos coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar educación vial co profe Rubén premendo no encerado que temos debaixo:
E pola tarde? Propoñemos realizar a seguinte actividade: Pintar con pompas de xabón! E moi moi divertido!







martes, 21 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 22 DE ABRIL

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 22 de abril. Por certo, estamos moi agradecidos por eses vídeos que nos enviáchedes onte, gustáronnos moitísmo! 



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é  a lectura da adaptación con pictogramas do conto "O chivo Chivón", adaptación de Garviñe Candina. Esperamos que vos guste! 


Comeza a clase da profe Paula para traballar conceptos espaciais (dentro/fuera e encima/debaixo) para despois cantar a canción de "A pita de Fita". Para iso debedes ler despaciño as súas explicacións e despois premer no encerado que temos debaixo. Nos vos esquezades de descargar a presentación!

Seguimos traballando volume e capacidade coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén os sentidos.
E pola tarde? Propoñemos participar na actividade da biblioteca do cole  ESTAMOS CUBERTAS DE CREATIVIDADE! e sexades protagonistas das cubertas dos libros!! En que consiste? escollemos un libro que teñades na casa e recreamos a súa cuberta co que se vos ocorra, intentando representala o máis semellante posible  e usando materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos... En canto a teñades remitide as fotos ao correo da biblio: abibliodeleirado@gmail.com

Atoparedes máis información no blog da biblio

E estes son algúns exemplos que deixounos a profe Noa:





lunes, 20 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MARTES 21 DE ABRIL

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 21 de abril. Queremos decirvos que estamos moi moi contentos por ese vídeo que nos enviáchedes onte, gustounos moitísimo! Fixéchedelo moi ben!



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  uns contos da aplicación Pictocuentos creados polo Grupo Promedia. Esperamos que vos gusten!



Comeza a clase da profe Paula ordenando e facendo frases e despois cantando a canción de "Fun ao mercado de A Formiguiña". Para iso debedes ler despaciño as súas explicacións que poñemos a continuación e despois prememos no encerado que temos debaixo. Nos vos esquezades de descargar a presentación!

Seguimos coa profe Glenda traballando numeración, operacións con calculadora e coa aplicación Smartick premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos co profe Rubén os osos!
E pola tarde? Propoñemos facer un pouco de deporte xogando ao xogo da Oca adaptado con pictogramas e normas visuais (Tamara Murias Fernández e pictos de ARASAAC)!


 

Ata mañá!




CONSELLOS PARA O APOIO Á APRENDIZAXE NA CASA

Deixamos uns consellos para o apoio á aprendizaxe na casa ofrecidos pola Xunta de Galicia de cara ao inicio do derradeiro trimestre do curso de xeito non presencial.