Páginas

miércoles, 22 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, XOVES 23 DE ABRIL

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 23 de abril.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Hoxe imos facer unha lectura en galego, a nosa proposta é  Nube Branca quere ser astronauta, un conto de Pablo Nogueira ilustrado por Manuel Uhía. Esperamos que vos guste! 

Agora, queres escoitar o conto? Preme aquí

Seguimos coa clase da profe Paula para traballar a atención e o razoamento lóxico con materiais que temos na casa, e a canción de nubes. Prememos no encerado que temos debaixo e non vos esquezades de descargar a presentación!
A continuación traballamos numeración e problemas matemáticos coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar educación vial co profe Rubén premendo no encerado que temos debaixo:
E pola tarde? Propoñemos realizar a seguinte actividade: Pintar con pompas de xabón! E moi moi divertido!







No hay comentarios:

Publicar un comentario