Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: uns contos da aplicación Pictocuentos creados polo Grupo Promedia. Esperamos que vos gusten!
Comeza a clase da profe Paula ordenando e facendo frases e despois cantando a canción de "Fun ao mercado de A Formiguiña". Para iso debedes ler despaciño as súas explicacións que poñemos a continuación e despois prememos no encerado que temos debaixo. Nos vos esquezades de descargar a presentación!
Seguimos coa profe Glenda traballando numeración, operacións con calculadora e coa aplicación Smartick premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos co profe Rubén os osos!
E pola tarde? Propoñemos facer un pouco de deporte xogando ao xogo da Oca adaptado con pictogramas e normas visuais (Tamara Murias Fernández e pictos de ARASAAC)!
Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario