Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura da adaptación con pictogramas do conto "O chivo Chivón", adaptación de Garviñe Candina. Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula para traballar conceptos espaciais (dentro/fuera e encima/debaixo) para despois cantar a canción de "A pita de Fita". Para iso debedes ler despaciño as súas explicacións e despois premer no encerado que temos debaixo. Nos vos esquezades de descargar a presentación!
Seguimos traballando volume e capacidade coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén os sentidos.
E pola tarde? Propoñemos participar na actividade da biblioteca do cole ESTAMOS CUBERTAS DE CREATIVIDADE! e sexades protagonistas das cubertas dos libros!! En que consiste? escollemos un libro que teñades na casa e recreamos a súa cuberta co que se vos ocorra, intentando representala o máis semellante posible e usando materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos... En canto a teñades remitide as fotos ao correo da biblio: abibliodeleirado@gmail.com
Atoparedes máis información no blog da biblio
E estes son algúns exemplos que deixounos a profe Noa:
No hay comentarios:
Publicar un comentario