Páginas

martes, 9 de junio de 2020

ConZENtrate: Cadernos de desenvolvemento emocional en familia

Deixamos este material realizado polo Equipo de Conduta de Granada en forma de cadernos nos que se propoñen unha serie de actividades para realizar en familia que axudarán a xestionar o tempo de maneira produtiva. 
Esperamos que sexan de axuda!!!






CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 10

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 10 de XUÑO. 

 
Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto HISTORIA DEL LOBO CALUMNIADO, escrito por Lief Fearn. Lief Fearn, en 1988, decidiu darle unha volta á historia da CARAPUCHIÑA VERMELLA contándoa dende o punto de vista do lobo e permitíndolle contar a sua propia versión. A súa historia axuda a facernos comprender que ás veces é necesario escoitar as dúas versións antes de xulgar a ninguén. Esperamos que vos guste!

https://drive.google.com/file/d/1V0IRqfJ3GNj8RPOID6XQ9AWbpqhEq-Ys/view?usp=sharing

Comeza a clase da profe Paula que propón traballar unha actividade  de unir imaxes relacionadas co verán e a súa descrición. Tamén dúas propostas interactivas para a construción de frases con imaxes e a súa escritura co teclado. Por último, a canción de "Perico Pérez" de Migallas Teatro.Para facer todo iso debedes premer no encerado que temos debaixo.
https://drive.google.com/file/d/1M6_cEd3J-faXIRDdUT2GgpJYZtnMiiKD/view?usp=sharing
Agora imos matemáticas coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra: 
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén os animais vertebrados e invertebrados. Lemos as instrucións e, tal e como nos din, vemos dous vídeos, un sobre os vertebrados e outro sobre os invertebrados. A continuación faremos dúas fichas interactivas autocorrixibles. 




E pola tarde? Despois de facer a nosa merenda, propoñemos cantar e bailar a seguinte canción (que sabemos que vos encanta) EL AUTO BOCHINCHERO!!

lunes, 8 de junio de 2020

GUÍA SOBRE O BENESTAR EMOCIONAL DOS NENOS/AS E MOZOS/AS CON TEA

Autismo España edita unha guía sobre o benestar emocional dos nenos/as e mozos/as con autismo. Esta guía ofrece información sobre o benestar emocional das persoas con TEA nos primeiros anos da súa vida, sobre os factores que inflúen na súa saúde mental,  e ofrece unha serie de recomendacións para promover e favorecer o benestar emocional das persoas con TEA.

 





CADERNO DE TRABALLO, MARTES 9

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 9 de xuño. 



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe  LA RANA PIRATA  un conto da colección APRENDE de APRENDICES VISUALES. Esperamos que vos guste!


Comeza a clase da profe Paula cunha actividade para construír frases con animais e dúas propostas interactivas para facer con construcións e, por último a canción de "Quérote máis", de O Sonoro Maxín. 
Seguimos coa profe Glenda traballando as moedas e billetes de euro e numeración. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén  o sistema solar. Primeiro veremos o seguinte vídeo un par de veces,  despois leeremos as instrucións e, a partir da información do vídeo, trataremos de situar os distintos planetas do sistema solar nunha ficha interactiva autocorrixible.




E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la mariposa de FESPAU (Federación Española de Autismo). 


domingo, 7 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA FALAR SOBRE O CORONAVIRUS CON NENOS/AS CON TEA

Deixamos un artigo do Consello Xeral da Psicoloxía de España que recolle unha serie de recomendacións para falar sobre o coronavirus con nenos e nenas con TEA.
Esperamos que sexa de axuda!!



CADERNO DE TRABALLO, LUNS 8

Ola, aquí estamos unha semana máis o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, LUNS, 8 de xuño. 


Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos. 


A nosa proposta é ler  EL DRAGÓN CHEF  un conto da colección APRENDE de APRENDICES VISUALES. Esperamos que vos guste!


Continuamos coa clase da profe Paula con quen odenaremos letras para formar palabras e traballaremos a atención nunha lámina onde deberemos buscar todos os insectos que se piden e contalos. Por último, a canción de "Miña abuela Manuela" de Migallas.  Lemos as explicacións da profe e posteriormente prememos no encerado.

Seguimos coa profe Glenda traballando o diñeiro (moedas  e billetes) e numeración premendo na seguinte pizarra:

E pola tarde?  Podemos gañar autonomía facendo a nosa merenda e despois ver e escoitar o conto con pictogramas que seve para traballar a lectura global "El espejo hechizado del rey Filiberto" de Garbiñe Candina


viernes, 5 de junio de 2020

TRANSICIÓN AO IES: PAUTAS PARA O ALUMNADO

Hoxe imos deixar ao alumnado e ás familias de 6º curso de educación primaria unha guía para facilitar o acceso ao IES. Toca cambio de etapa e de centro e nós dende o cole queremos seguir axudando aos nosos pequenos/as  neste momento de cambios, de asunción de novas responsabilidades, de moitos nervios...

Aínda que a visita ao noso IES non é posible queremos acompañarvos, aínda que sexa virtualmente, neste momento deixándovos esta guía.

Moita sorte para os nosos cativos e cativas!!! E aínda que non sexa posible neste momento a despedida que merecedes, queremos que saibades que vos botaremos moito de menos!!