Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta é ler EL DRAGÓN CHEF un conto da colección APRENDE de APRENDICES VISUALES. Esperamos que vos guste!
Continuamos coa clase da profe Paula con quen odenaremos letras para formar palabras e traballaremos a atención nunha lámina onde deberemos buscar todos os insectos que se piden e contalos. Por último, a canción de "Miña abuela Manuela" de Migallas. Lemos as explicacións da profe e posteriormente prememos no encerado.
Seguimos coa profe Glenda traballando o diñeiro (moedas e billetes) e numeración premendo na seguinte pizarra:
E pola tarde? Podemos gañar autonomía facendo a nosa merenda e despois ver e escoitar o conto con pictogramas que seve para traballar a lectura global "El espejo hechizado del rey Filiberto" de Garbiñe Candina
No hay comentarios:
Publicar un comentario