Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe LA RANA PIRATA un conto da colección APRENDE de APRENDICES VISUALES. Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula cunha actividade para construír frases con animais e dúas propostas interactivas para facer con construcións e, por último a canción de "Quérote máis", de O Sonoro Maxín.
Seguimos coa profe Glenda traballando as moedas e billetes de euro e numeración. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén o sistema solar. Primeiro veremos o seguinte vídeo un par de veces, despois leeremos as instrucións e, a partir da información do vídeo, trataremos de situar os distintos planetas do sistema solar nunha ficha interactiva autocorrixible.
E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la mariposa de FESPAU (Federación Española de Autismo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario