Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto HISTORIA DEL LOBO CALUMNIADO, escrito por Lief Fearn. Lief Fearn, en 1988,
decidiu darle unha volta á historia da CARAPUCHIÑA VERMELLA contándoa dende o punto de
vista do lobo e permitíndolle contar a sua propia versión. A súa historia
axuda a facernos comprender que ás veces é necesario escoitar as dúas
versións antes de xulgar a ninguén. Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar unha
actividade de unir imaxes relacionadas co verán e a súa descrición.
Tamén dúas propostas interactivas para a construción de frases con
imaxes e a súa escritura co teclado. Por último, a canción de "Perico
Pérez" de Migallas Teatro.Para facer todo iso debedes premer no encerado que temos debaixo.
Agora imos matemáticas coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén os animais vertebrados e invertebrados. Lemos as instrucións e, tal e como nos din, vemos dous vídeos, un sobre os vertebrados e outro sobre os invertebrados. A continuación faremos dúas fichas interactivas autocorrixibles.
E pola tarde? Despois de facer a nosa merenda, propoñemos cantar e bailar a seguinte canción (que sabemos que vos encanta) EL AUTO BOCHINCHERO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario