Páginas

jueves, 11 de junio de 2020

CADERNO DE TRABALLO, VENRES 12

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 12 de xuño.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.

A proposta de hoxe:     O TEMPO DO REVÉS de María Solar de Baía Edicións #euquedolendo #baíaconnósnacasa. Esperamos que vos guste!!


Seguimos coa clase da profe Paula traballando unha actividade interactiva para construír frases de catro elementos. Tamén un conto-canción titulado "La iguana y el perezoso!" para despois responder a preguntas da páxina de pictocuentos. Por último, a canción de "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras.  Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos mates coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente seguiremos traballando co profe Rubén a pirámide alimentaria. Primeiro accederemos ao documento das instruccións onde se explica que faremos unha ficha interactiva co ordenador. Na propia ficha a primeira actividade consiste en ver un vídeo que explica o tema de forma sinxela. Tras velo dúas veces deberemos realizar as dúas actividades interactivas que hai a continuación.

E pola tarde? Propoñemos xogar ao 1, 2, 3 CHOCOLATE INGLÉS, xogo popular adaptado con pictogramas para facelo comprensible para todos/as. Na ficha recóllese o título do xogo, os materiais, as características, o número de participantes e a descrición das distintas normas para o seu desenvolvemento, así coma as variantes e adaptacións. Esperamos que o pasedes moi moi ben!!





miércoles, 10 de junio de 2020

RUTINAS PARA A HIXIENE E ASEO PERSOAL

Deixamos un conxunto de tableiros de Marta Donés Martínez con distintas rutinas para a hixiene e o aseo persoal: duchase, lavar as mans, cepillar os dentes, ir ao baño, cortar as unllas e ir a durmir:


CADERNO DE TRABALLO, XOVES 11

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 11 de maio.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  ANA Y LAS BOLSAS DE PLÁSTICO, un conto interactivo de Setefilla Lopez para concienciar sobre o impacto medioambiental do abuso das bolsas de plástico, que causan daños irreparables na nosa contorna habitual e no futuro do planeta. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que realizarás unha actividade  de razoamento verbal e categorías semánticas, onde se deberá localizar os elementos intrusos. Tamén unha proposta de actividade online de seguimento de instrucións e, por último, a canción de "Rocanrol Dragón" de Magín Blanco. Coma sempre, prememos no encerado que temos debaixo para realizar as actividades.
A continuación traballamos mates coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar co profe Rubén as 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) como unha forma de axudar á natureza. Leeremos as instrucións onde se explica o que imos facer, despois veremos dous vídeos (o primeiro no que se explica de forma moi sinxela que son as 3 R e o segundo é unha canción coa que aprenderemos a cor dos contenedores para reciclar correctamente). Finalmente realizaremos unha ficha interactiva autocorrixible. Prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións do profe Rubén.






E pola tarde? Imos traballar a nosa motricidade facendo esta ra (papiroflexia con Jorge Pardo).

martes, 9 de junio de 2020

ConZENtrate: Cadernos de desenvolvemento emocional en familia

Deixamos este material realizado polo Equipo de Conduta de Granada en forma de cadernos nos que se propoñen unha serie de actividades para realizar en familia que axudarán a xestionar o tempo de maneira produtiva. 
Esperamos que sexan de axuda!!!






CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 10

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 10 de XUÑO. 

 
Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto HISTORIA DEL LOBO CALUMNIADO, escrito por Lief Fearn. Lief Fearn, en 1988, decidiu darle unha volta á historia da CARAPUCHIÑA VERMELLA contándoa dende o punto de vista do lobo e permitíndolle contar a sua propia versión. A súa historia axuda a facernos comprender que ás veces é necesario escoitar as dúas versións antes de xulgar a ninguén. Esperamos que vos guste!

https://drive.google.com/file/d/1V0IRqfJ3GNj8RPOID6XQ9AWbpqhEq-Ys/view?usp=sharing

Comeza a clase da profe Paula que propón traballar unha actividade  de unir imaxes relacionadas co verán e a súa descrición. Tamén dúas propostas interactivas para a construción de frases con imaxes e a súa escritura co teclado. Por último, a canción de "Perico Pérez" de Migallas Teatro.Para facer todo iso debedes premer no encerado que temos debaixo.
https://drive.google.com/file/d/1M6_cEd3J-faXIRDdUT2GgpJYZtnMiiKD/view?usp=sharing
Agora imos matemáticas coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra: 
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén os animais vertebrados e invertebrados. Lemos as instrucións e, tal e como nos din, vemos dous vídeos, un sobre os vertebrados e outro sobre os invertebrados. A continuación faremos dúas fichas interactivas autocorrixibles. 




E pola tarde? Despois de facer a nosa merenda, propoñemos cantar e bailar a seguinte canción (que sabemos que vos encanta) EL AUTO BOCHINCHERO!!

lunes, 8 de junio de 2020

GUÍA SOBRE O BENESTAR EMOCIONAL DOS NENOS/AS E MOZOS/AS CON TEA

Autismo España edita unha guía sobre o benestar emocional dos nenos/as e mozos/as con autismo. Esta guía ofrece información sobre o benestar emocional das persoas con TEA nos primeiros anos da súa vida, sobre os factores que inflúen na súa saúde mental,  e ofrece unha serie de recomendacións para promover e favorecer o benestar emocional das persoas con TEA.

 





CADERNO DE TRABALLO, MARTES 9

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 9 de xuño. 



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe  LA RANA PIRATA  un conto da colección APRENDE de APRENDICES VISUALES. Esperamos que vos guste!


Comeza a clase da profe Paula cunha actividade para construír frases con animais e dúas propostas interactivas para facer con construcións e, por último a canción de "Quérote máis", de O Sonoro Maxín. 
Seguimos coa profe Glenda traballando as moedas e billetes de euro e numeración. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén  o sistema solar. Primeiro veremos o seguinte vídeo un par de veces,  despois leeremos as instrucións e, a partir da información do vídeo, trataremos de situar os distintos planetas do sistema solar nunha ficha interactiva autocorrixible.




E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la mariposa de FESPAU (Federación Española de Autismo).