Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: ANA Y LAS BOLSAS DE PLÁSTICO, un conto interactivo de Setefilla Lopez para concienciar sobre o impacto medioambiental do abuso das bolsas de plástico, que causan daños irreparables na nosa contorna habitual e no futuro do planeta. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que realizarás unha actividade de razoamento verbal e categorías semánticas, onde se deberá localizar os elementos intrusos. Tamén unha proposta de actividade online de seguimento de instrucións e, por último, a canción de "Rocanrol Dragón" de Magín Blanco. Coma sempre, prememos no encerado que temos debaixo para realizar as actividades.
A continuación traballamos mates coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar co profe Rubén as 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) como unha forma de axudar á natureza. Leeremos as instrucións onde se explica o que imos facer, despois veremos dous vídeos (o primeiro no que se explica de forma moi sinxela que son as 3 R e o segundo é unha canción coa que aprenderemos a cor dos contenedores para reciclar correctamente). Finalmente realizaremos unha ficha interactiva autocorrixible. Prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións do profe Rubén.
E pola tarde? Imos traballar a nosa motricidade facendo esta ra (papiroflexia con Jorge Pardo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario