Páginas

jueves, 4 de junio de 2020

CADERNO DE TRABALLO, VENRES 5

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 5 de xuño.


Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:   LA BRISA HACE LLOVER, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. 

Seguimos coa clase da profe Paula traballando unha actividade para ordenar sílabas inversas e formar palabras, outra actividade online de relacionar descricións con personaxes e, por último, a canción de "O canciño", de Uxía Lambona e a Banda Molona. Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.


A continuación traballamos as moedas de céntimo e euro coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente seguiremos traballando co profe Rubén as plantas e as súas partes, incidindo nas súas funcións e, especialmente, en saber situalas. En primeiro lugar vemos un vídeo para refrescar o tema, despois lemos as instruccións e a teoría premendo no encerado e, finalmente, faremos unha actividade interactiva co ordenador. 




E pola tarde? Propoñemos xogar ao TIC TAC BOOM, xogo interactivo no que aparecen diferentes cartas con sílabas escritas. Se escolles TIC, haberá que dicir palabras que comecen por esa sílba; se elixes TAC, haberá que dicir palabras que acaben por esa sílaba; e se elixes BOOM, utilízanse ambas cartas. En cada diapositiva hai 5 palabras, se se acertan as 5, pásase á seguinte páxina, se se tarda máis dun minuto a bomba explotará. (adaptación do xogo orixinal de Almudena Hernández López con pictos de ARASAAC)


miércoles, 3 de junio de 2020

RUTINA E DOSSIER SOBRE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Rutina sobre hixiene a manter na colocación das mascaras de protección e dossier sobre mascaras de protección e diversidade funcional de Iris Carabal Reyes.




CADERNO DE TRABALLO, XOVES 4

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 4 de maio.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  TENGO UN PERRO ASÍ, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que realizarás unha actividade para ordenar e construír frases a través de imaxes, outra actividade para continuar repasando as emocións e, por último a canción de "Lobo feroz". Lemos as explicacións da profe e, coma sempre, prememos no encerado que temos debaixo para realizar a actividade.

A continuación traballamos as moedas de 1 e 2 euros coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar as paisaxes naturais e as paisaxes humanizadas co profe Rubén.
Primeiro visualizaremos un vídeo e despois accederemos ás instrucións premendo no encerado que temos debaixo para ler a teoría e, finalmente, realizar unha ficha interactiva co ordenador. A ficha é autocorrixible.



E pola tarde? Imos traballar a nosa motricidade facendo este pez (papiroflexia con Jorge Pardo)

martes, 2 de junio de 2020

USO DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN

Dende o luns 25 de maio o uso de máscaras de protección é obrigatorio:

  • Dende os 6 anos.
  • En espazos de uso público cando non se poida manter 2 metros de distancia interpersoal.

As persoas con TEA non están obrigadas a utilizar máscaras en espazos públicos


CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 3

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 3 de XUÑO. Hoxe está connosco tamén a profe Patri!!!





Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto  NO PUEDE SER, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar unha actividade de lectura e comprensión escrita e visual, unha actividade interactiva de verdadeiro/falso e, por último, a canción de "A señora Lúa" de Pirilampo.Para facer todo iso debedes premer no encerado que temos debaixo.
Agora imos traballar moedas de 20 e 50 céntimos coa coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén a clasificación dos animais segundo a súa reproducción. Para iso, prememos no encerado que temos debaixo, lemos as instrucións e despois a teoria de repaso para acceder a una ficha interactiva que ten como primeira actividade un vídeo explicativo que debedes ver. Tras o vídeo, a ficha interactiva trae como segunda actividade imaxes de varios animais que debemos clasificar segundo sexan ovíparos ou vivíparos. A ficha é autocorrixible.


E pola tarde? A profe Patri propón cantar e bailar con ela a seguinte canción!!



lunes, 1 de junio de 2020

AXUDAR A APRENDER EN CASA

Aínda que levamos tempo confinados, a aprendizaxe na casa é unha tarefa complexa. Ter rutinas é unha das dificultades que podemos atopar e se fai imprescindible o uso de horarios.
As familias debemos ter en conta o grao de autonomía dos nosos fillos e fillas: se son autónomos/as na realización das tarefas, se son autónomos pero requiren do apoio do adulto, se requiren de apoio constante, se precisan visitas de supervisión... e adaptarnos e flexibilizando ese apoio.

Para axudarnos nesta labor de acompañamento, deixámosvos estes consellos de Autismo Galicia.


CADERNO DE TRABALLO, MARTES 2

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 2 de xuño. 


Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:   LAS ESTRELLAS, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. 

https://drive.google.com/file/d/1hMSS-bPCx9c90AKkKCMjGsR778D-Zind/view?usp=sharing

Comeza a clase da profe Paula cunha actividade de comprensión de oracións escritas,  unha actividade online para traballar o diferente vocabulario da casa e, por último, a canción de "A vaca Marela".
https://drive.google.com/file/d/1Og4MjSoGCVAVp4-IEobcuOc9C4Z0jR_8/view?usp=sharing
Seguimos coa profe Glenda traballando s moedas de céntimo. Prememos na seguinte pizarra:

E para rematar, imos traballar co profe Rubén a paisaxe de costa. Para iso, primeiro veremos un vídeo sobre o tema e despois accederemos ás instrucións para ler a teoría e a explicación. A actividade que realizaremos será unha ficha interactiva que consite en colocar na paisaxe de costa os diferentes accidentes xeográficos (illa, golfo, baía, península...). A ficha é autocorrixible


E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la vela de FESPAU (Federación Española de Autismo).