Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: LAS ESTRELLAS, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica.
Comeza a clase da profe Paula cunha actividade de comprensión de oracións escritas, unha
actividade online para traballar o diferente vocabulario da casa e, por
último, a canción de "A vaca Marela".
Seguimos coa profe Glenda traballando s moedas de céntimo. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén a paisaxe de costa. Para iso, primeiro veremos un vídeo sobre o tema e despois accederemos ás instrucións para ler a teoría e a explicación. A actividade que realizaremos será unha ficha interactiva que consite en colocar na paisaxe de costa os diferentes accidentes xeográficos (illa, golfo, baía, península...). A ficha é autocorrixible.
E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la vela de FESPAU (Federación Española de Autismo).
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la vela de FESPAU (Federación Española de Autismo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario