Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto NO PUEDE SER, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica., Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar unha actividade de lectura e comprensión escrita e visual, unha actividade interactiva de verdadeiro/falso e, por último, a canción de "A señora Lúa" de Pirilampo.Para facer todo iso debedes premer no encerado que temos debaixo.
Agora imos traballar moedas de 20 e 50 céntimos coa coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén a clasificación dos animais segundo a súa reproducción. Para iso, prememos no encerado que temos debaixo, lemos as instrucións e despois a teoria de repaso para acceder a una ficha interactiva que ten como primeira actividade un vídeo explicativo que debedes ver. Tras o vídeo, a ficha interactiva trae como segunda actividade imaxes de varios animais que debemos clasificar segundo sexan ovíparos ou vivíparos. A ficha é autocorrixible.
E pola tarde? A profe Patri propón cantar e bailar con ela a seguinte canción!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario