Páginas

miércoles, 3 de junio de 2020

CADERNO DE TRABALLO, XOVES 4

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 4 de maio.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  TENGO UN PERRO ASÍ, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que realizarás unha actividade para ordenar e construír frases a través de imaxes, outra actividade para continuar repasando as emocións e, por último a canción de "Lobo feroz". Lemos as explicacións da profe e, coma sempre, prememos no encerado que temos debaixo para realizar a actividade.

A continuación traballamos as moedas de 1 e 2 euros coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar as paisaxes naturais e as paisaxes humanizadas co profe Rubén.
Primeiro visualizaremos un vídeo e despois accederemos ás instrucións premendo no encerado que temos debaixo para ler a teoría e, finalmente, realizar unha ficha interactiva co ordenador. A ficha é autocorrixible.



E pola tarde? Imos traballar a nosa motricidade facendo este pez (papiroflexia con Jorge Pardo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario