Páginas

jueves, 4 de junio de 2020

CADERNO DE TRABALLO, VENRES 5

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 5 de xuño.


Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:   LA BRISA HACE LLOVER, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. 

Seguimos coa clase da profe Paula traballando unha actividade para ordenar sílabas inversas e formar palabras, outra actividade online de relacionar descricións con personaxes e, por último, a canción de "O canciño", de Uxía Lambona e a Banda Molona. Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.


A continuación traballamos as moedas de céntimo e euro coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente seguiremos traballando co profe Rubén as plantas e as súas partes, incidindo nas súas funcións e, especialmente, en saber situalas. En primeiro lugar vemos un vídeo para refrescar o tema, despois lemos as instruccións e a teoría premendo no encerado e, finalmente, faremos unha actividade interactiva co ordenador. 




E pola tarde? Propoñemos xogar ao TIC TAC BOOM, xogo interactivo no que aparecen diferentes cartas con sílabas escritas. Se escolles TIC, haberá que dicir palabras que comecen por esa sílba; se elixes TAC, haberá que dicir palabras que acaben por esa sílaba; e se elixes BOOM, utilízanse ambas cartas. En cada diapositiva hai 5 palabras, se se acertan as 5, pásase á seguinte páxina, se se tarda máis dun minuto a bomba explotará. (adaptación do xogo orixinal de Almudena Hernández López con pictos de ARASAAC)


No hay comentarios:

Publicar un comentario