Páginas

lunes, 31 de enero de 2022

24 DE XANEIRO: DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

O día 24 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da Educación. Dentro do proxecto documental integrado de centro A volta ao mundo en 160 días, o alumnado realizou un traballo de investigación sobre a situación da educación nos diferentes continentes e países que estamos a percorrer. 

O alumnado recolleu a información en táboas, documentos e gráficas que o alumnado de 6º de educación primaria recompilou nunha presentación interactiva. Deixamos o traballo realizado polo noso alumnado.

viernes, 7 de enero de 2022

ATENCIÓN, IMPULSIVIDADE e DISRUPTIVIDADE. PAUTAS PARA AS FAMILIAS


COMO PODEMOS AXUDAR AOS NOSO FILLOS E FILLAS NA CASA? PAUTAS PARA AS FAMILIAS
  • Unificación de criterios entre as persoas adultas da familia, utilizando o mesmo criterio á hora de educar, sendo modelo de conduta reflexiva e actuando sempre do mesmo xeito para non confundilo. Manter  a mesma liña de actuación.
  • Normas e límites de convivencia familiar para a totalidade da familia: poucas, claras e ben definidas. Ademais de explicalas podemos escribilas e poñelas nun sitio visible (coa axuda de debuxos e cores para os máis pequenos). Así mesmo, deben expresarse como afirmación evitando os reproches e as discusións permanentes. Podemos recordarllas ou avisar con antelación.
  • Establecer consecuencias positivas e/ou negativas das condutas e ser coherente na súa aplicación. Tanto as consecuencias que se derivan dunha conduta positiva coma dunha negativa deben ser proporcionadas e inmediatas á conduta, para que sexan efectivas. Utilizaranse, preferentemente, os reforzos positivos (sorrisos, loanzas) e modificarase, o antes posible, calquera conduta negativa explicándolle, con claridade, o que fixo mal.
  • Establecer rutinas estables e predicibles para estruturar o tempo empregando horarios situados en sitios visibles para as actividades, tempos de estudio, tarefas, actividades extraescolares, ocio, horarios de rutinas (almorzo, cea...)...

lunes, 27 de diciembre de 2021

COMO PODEMOS AXUDAR A UN NENO OU NENA TÍMIDO/A? PAUTAS PARA AS FAMILIAS

 


A timidez é un trazo característico da personalidade ou de certas etapas da vida caracterizada polo falta de aprehensión, confort ou incomodidade ante determinadas situacións sociais e débese a un conxunto de factores hereditarios ou da contorna.

As persoas tímidas prefiren estar soas ou relacionarse con poucos antes que facelo en gran grupo, cústalles tomar a iniciativa nas relacións sociais, cústalles expresar a súa opinión ou preferencias en presencia doutras persoas e precisan ambientes seguros para relacionarse. Esta timidez pode ir acompañada dunha baixa autoestima.

Certo grao de timidez pode ser beneficioso porque nos fai máis prudentes, cautos e reflexivos, pero cando a timidez é un problema?

A timidez é un problema cando nos impide funcionar con normalidade na nosa vida cotiá:

  • A timidez impide establecer vínculos con persoas diferentes á nosa familia.
  • A timidez produce temor, medo ou ansiedade provocandomalestar ou sufrimento importante.
  • A timidez provoca falta de condutas interactivas impedindo realizar actividades habituais como participar na clase, iniciar conversas, xogar cos outros, comprar, pedir axuda, acudir ou celebrar eventos (aniversarios, festas...).
  • Baixa autoestima impedindo defender os nosos dereitos e/ou presenza de síntomas psicosomáticos (dor de barriga, dor de cabeza...).

domingo, 5 de diciembre de 2021

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co motivo da conmemoración do día Internacional das persoas con discapacidade,  dentro do Proxecto Documental Integrado anual do centro "A volta ao mundo en 160 días. Coñecer para comprender", o alumnado do centro viaxou por distintas rutas para coñecer persoas diferentes que teñen moito que ensinar e compartir connosco.

APRENDAMOS DAS E COAS DIFERENZAS!


Hecho con Padlet

miércoles, 17 de noviembre de 2021

REAL DECRETO 984/2021, do 16 de novembro

Hoxe publicouse o Real Decreto 984/2021, polo que se regulan a avaliación e a promoción na Educación Primaria, así como a avaliación, a promoción e a titulación na Educación Secundaria Obrigatoria, o Bacharelato e a Formación Profesional.

Deixamos o texto publicado:



viernes, 12 de noviembre de 2021

RECUNCHOS DE ENRIQUECEMENTO CURRICULAR NA AULA

 

Os recunchos de enriquecemento curricular na aula non son só unha medida ordinaria para atender as necesidades específicas de apoio educativo derivadas de altas capacidades intelectuais senón tamén un recurso educativo que favorece a todo o alumnado.

Son espazos con actividades altamente  motivadoras que dotan ás aprendizaxes dun grao maior de profundidade, extensión e interdisciplinariedade.

Os recunchos de enriquecemento curricular deben dispor de materiais e recursos variados que permitan ao alumnado traballar de forma autónoma e creativa. Estes espazos deben aumentar o nivel de motivación do alumnado, deben potenciar o traballo de procura e investigación, deben desenvolver a competencia de aprender a aprender, deben fomentar a creatividade e imaxinación, deben posibilitar unha gran variedade de actividades dentro da aula e sobre todo deben responder ás necesidades do alumnado.

Os recunchos de enriquecemento poden ser recunchos de enriquecemento curricular vertical ou horizontal. Mentres que nos recunchos de enriquecemento curricular vertical incrementamos a cantidade de contidos a aprender, nos recunchos de enriquecemento curricular horizontal o aumento cuantitativo de contidos queda nun segundo plano e prevalece a realización de conexións entre o que se aprende.

Exemplos de actividades de recunchos de enriquecemento curricular vertical serían as actividades para ampliar coñecementos sobre un tema determinado (informacións, noticias, curiosidades...) e exemplos de actividades de recunchos de enriquecemento curricular horizontal serían as actividades interdisciplinarias (traballo por proxectos onde non se aumentan contidos senón que prevalece a conexión dos contidos ordinarios do mesmo nivel).

miércoles, 27 de octubre de 2021

ORDE DO 8 DE SETEMBRO DE 2021

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Corrección de erros da Orde.