Páginas

lunes, 21 de febrero de 2022

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS

 Publicado o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacherelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Prazos para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado:


Normativa de aplicación:

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2022-2023.

Acceso á Sede Electrónica

Anexos


Formulario de reserva de praza.

viernes, 11 de febrero de 2022

ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2022

Hoxe publicouse a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacherelato no sistema educativo de Galicia.

A continuación deixamos o texto publicado:




miércoles, 2 de febrero de 2022

REAL DECRETO 95/2022

 Hoxe publicouse o Real Decreto 95/2022, de 1 de febrero, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Infantil.

Deixamos a continuación o texto publicado:



lunes, 31 de enero de 2022

24 DE XANEIRO: DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

O día 24 de xaneiro conmemoramos o Día Internacional da Educación. Dentro do proxecto documental integrado de centro A volta ao mundo en 160 días, o alumnado realizou un traballo de investigación sobre a situación da educación nos diferentes continentes e países que estamos a percorrer. 

O alumnado recolleu a información en táboas, documentos e gráficas que o alumnado de 6º de educación primaria recompilou nunha presentación interactiva. Deixamos o traballo realizado polo noso alumnado.

viernes, 7 de enero de 2022

ATENCIÓN, IMPULSIVIDADE e DISRUPTIVIDADE. PAUTAS PARA AS FAMILIAS


COMO PODEMOS AXUDAR AOS NOSO FILLOS E FILLAS NA CASA? PAUTAS PARA AS FAMILIAS
  • Unificación de criterios entre as persoas adultas da familia, utilizando o mesmo criterio á hora de educar, sendo modelo de conduta reflexiva e actuando sempre do mesmo xeito para non confundilo. Manter  a mesma liña de actuación.
  • Normas e límites de convivencia familiar para a totalidade da familia: poucas, claras e ben definidas. Ademais de explicalas podemos escribilas e poñelas nun sitio visible (coa axuda de debuxos e cores para os máis pequenos). Así mesmo, deben expresarse como afirmación evitando os reproches e as discusións permanentes. Podemos recordarllas ou avisar con antelación.
  • Establecer consecuencias positivas e/ou negativas das condutas e ser coherente na súa aplicación. Tanto as consecuencias que se derivan dunha conduta positiva coma dunha negativa deben ser proporcionadas e inmediatas á conduta, para que sexan efectivas. Utilizaranse, preferentemente, os reforzos positivos (sorrisos, loanzas) e modificarase, o antes posible, calquera conduta negativa explicándolle, con claridade, o que fixo mal.
  • Establecer rutinas estables e predicibles para estruturar o tempo empregando horarios situados en sitios visibles para as actividades, tempos de estudio, tarefas, actividades extraescolares, ocio, horarios de rutinas (almorzo, cea...)...

lunes, 27 de diciembre de 2021

COMO PODEMOS AXUDAR A UN NENO OU NENA TÍMIDO/A? PAUTAS PARA AS FAMILIAS

 


A timidez é un trazo característico da personalidade ou de certas etapas da vida caracterizada polo falta de aprehensión, confort ou incomodidade ante determinadas situacións sociais e débese a un conxunto de factores hereditarios ou da contorna.

As persoas tímidas prefiren estar soas ou relacionarse con poucos antes que facelo en gran grupo, cústalles tomar a iniciativa nas relacións sociais, cústalles expresar a súa opinión ou preferencias en presencia doutras persoas e precisan ambientes seguros para relacionarse. Esta timidez pode ir acompañada dunha baixa autoestima.

Certo grao de timidez pode ser beneficioso porque nos fai máis prudentes, cautos e reflexivos, pero cando a timidez é un problema?

A timidez é un problema cando nos impide funcionar con normalidade na nosa vida cotiá:

  • A timidez impide establecer vínculos con persoas diferentes á nosa familia.
  • A timidez produce temor, medo ou ansiedade provocandomalestar ou sufrimento importante.
  • A timidez provoca falta de condutas interactivas impedindo realizar actividades habituais como participar na clase, iniciar conversas, xogar cos outros, comprar, pedir axuda, acudir ou celebrar eventos (aniversarios, festas...).
  • Baixa autoestima impedindo defender os nosos dereitos e/ou presenza de síntomas psicosomáticos (dor de barriga, dor de cabeza...).

domingo, 5 de diciembre de 2021

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co motivo da conmemoración do día Internacional das persoas con discapacidade,  dentro do Proxecto Documental Integrado anual do centro "A volta ao mundo en 160 días. Coñecer para comprender", o alumnado do centro viaxou por distintas rutas para coñecer persoas diferentes que teñen moito que ensinar e compartir connosco.

APRENDAMOS DAS E COAS DIFERENZAS!


Hecho con Padlet