Páginas

viernes, 2 de abril de 2021

2 de ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, data decretada polas Nacións Unidas coa finalidade de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como dos adultos que sofren este trastorno e brindarlles unha mellor calidade de vida.

O autismo é un trastorno neurobiolóxico do desenvolvemento, que se manifesta durante os primeiros anos de vida e que se caracteriza por ser unha condición que afecta a interacción co mundo exterior, ao contacto coas persoas da contorna e problemas de comunicación verbal..

Para conmemorar este día dende o Departamento de Orientación compartimos estes vídeos:

Float é unha nova curta animada de Pixar e dirixida por Bobby Rubio, que fala da súa relación co seu fillo que ten autismo.

Curtametraxe de animación producida pola Fundación Orange e realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo, para facilitar o coñecemento desta síndrome pola sociedade.

Vídeo sobre Benjamin Rosloff, novo cineasta, que visitou a Sede das Nacións Unidas en Nova York  e realizou unha entrevista ao entón Secretario Xeral, Ban Ki- moon en 2016,    O autismo non lle impide a Benjamin perseguir o seu soño de facer películas nin de participar de forma plena e efectiva na sociedade.

domingo, 21 de marzo de 2021

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN

 O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Síndrome de Down,  data designada pola Organización das Nacións Unidas en decembro de 2011.

A razón de que se conmemore o 21 de marzo radica en que se trata do día 21 do mes número tres representando a trisomía do cromosoma 21 (21/03), causa da síndrome de Down.

O cualificativo “Down” foi designado por primeira vez en 1866 polo doutor británico John Langdon Haydon Down, pioneiro en identificar e describir as características clínicas que tiñan en común as persoas con síndrome de Down.

Nós para conmemorar este día, deixamos o libro “Xela celebra o seu aniversario” creado por Pepe Carreiro, protagonizado polos personaxes de Os Bolechas e editado pola Federación Down Galicia para fomentar a inclusión e a importancia de vivir nunha sociedade diversa e non excluínte.




miércoles, 17 de marzo de 2021

CAIXA DA CALMA: PARA QUE? NORMAS DE USO


 Para que?

Para reducir os niveis de tensión e ansiedade a través do uso de elementos  reguladores da conduta para persoas con alteracións sensoriais e/ou de conduta: masaxeadores, reloxos de area, botellas de calma, bolsas sensoriais, peluches ou obxectos de apego, axóuxeres,  mandalas, pelotas  antiestrés… elementos eficaces escollidos conxuntamente co alumno/a en función das súas necesidades e gustos pero á vez elementos manexables, seguros e accesibles.


O alumnado pode recorrer á caixa para relaxarse ou volver á calma despois de situacións que lle produzan frustración, enfado, rabia… pero sobre todo o docente debe usala de forma preventiva, antes de que apareza a conduta que quere evitar. 

Normas de uso




jueves, 18 de febrero de 2021

18 FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

Co obxectivo de dar visibilidade a este colectivo e  reivindicar os seus dereitos, cada 18 de febrero, dende o ano 2007, celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger, data de nacemento de Hans Asperger, psiquiatra austríaco que describiu por primeira vez esta síndrome.

Na actualidade e segundo os criterios actuais de diagnóstico, identificaríase  como “trastorno do espectro do autismo ( TEA) sen discapacidade intelectual asociada”.

Pero que é a síndrome de Asperger?

Trátase dun trastorno de orixe neurobiolóxico enmarcado dentro dos Trastornos do Espectro do Autismo que presenta alteracións nas áreas da relación social, comunicación e inflexibilidade mental e do comportamento.

Comprende un conxunto de alteracións sociais que dificultan o entendemento e os protocolos sociais xerando condutas pouco adaptativas e problemas de desenvolvemento coa contorna.

 


Son moitas as personalidades famosas que teñen este cadro neurolóxico. Algunhas delas son: Andy Warhol, Dan Aykroyd, Steven Spielberg, Tim Burton ou Keanu Reeves.

lunes, 18 de enero de 2021

A LECTOESCRITURA COMO FERRAMENTA DE APRENDIZAXE NOS NENOS CON TEA

Hoxe déixovos este artigo da fundación ConecTEA onde se nos ofrecen unha serie de pautas para abordar o ensino da lectura no alumnado con TEA.

Espero que sexan de axuda!!




jueves, 7 de enero de 2021

LINGUAXE E COMUNICACIÓN NO ALUMNADO CON TEA. TRABALLANDO A LINGUAXE

O alumnado con TEA soe ter unha especial dificultade para empezar a falar Unha das dificultades do alumnado con TEA é a adquisición e o desenvolvemento da linguaxe verbal e a comunicación. Este déficit é un dos factores relacionados cos problemas de conduta e as dificultades na interacción social e é un dos motivos de frustración familiar e do propio alumno.

O procesamento distinto da información xera un modelo distinto de comunicación (gramática, semántica e pragmática da linguaxe).

 Pero, como fomentar a comunicación no alumnado con autismo?

 Xeralmente, o desenvolvemento da comunicación e da linguaxe basease no uso de apoios visuais, modelos de imitación, adquisición de requisitos e habilidades comunicativas básicas.

O apoio visual facilita que o alumno integre a información e a asocie aos aspectos sonoros da palabra: presentación de imaxe e  reforzo verbal (asociación imaxe-palabra para proceder á retirada progresiva das imaxes). Pouco a pouco o alumno vai adquirindo máis vocabulario e creando frases e expresións máis complexas.

lunes, 4 de enero de 2021

AS MENTIRAS NA INFANCIA

 


A mentira é unha conduta que preocupa aos pais. Algúns especialistas marcan a idade dos sete anos como o inicio da etapa das mentiras infantís (mentir de forma consciente e distinguindo o que é certo do que non o é).


Pero, por que menten os/as nenos/as?    

Algunhas das razóns polas que menten os/as cativos/as poden ser:

  • Para chamar a atención: O/A neno/a minte porque sente desatendido e así descobre que lle prestamos atención (inventar unha doenza, falsear sobre un problema...)
  • Por medo ao castigo: O temor o castigo é un dos principais motivos da mentira infantil. Si con anterioridade dixo a verdade e foi castigado pode dicir mentiras para evitar o castigo.
  • Por frustración: A mentira é unha forma de compensar o que lles falta en realidade (o/a neno/a que conta que ten moitos xoguetes cando en realidade ten  poucos...).
  • Por un exceso de esixencia: O/A neno/a minte para non defraudar aos seus pais, amigos...
  • Por imitación “se me chaman por teléfono, di que non estou”.