Páginas

miércoles, 29 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, XOVES 30

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 30 de abril.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  LAS PELUSAS SE MUDAN DE CASA un conto da colección DISFRUTA de APRENDICES VISUAIS. Esperamos que vos guste!




Seguimos coa clase da profe Paula descubrindo palabras secretas identificando os sons iniciais de cada palabra, xogando cos conceptos básicos e cantando a canción de "Esa granxa".  Lemos primeiro as explicacións da profe e despóis prememos no encerado que temos debaixo. 



A continuación traballamos numeración  e problemas coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:


Finalmente imos traballar os animais domésticos e salvaxes co profe Rubén. Primeiro debes visualizar o seguinte vídeo e despois ler as explicacións do profe e realizar unha ficha premendo no encerado que temos debaixo:




E pola tarde? A profe Glenda propón crear e experimentar con macarróns.



martes, 28 de abril de 2020

EN CASA AS TAREFAS COMPÁRTENSE

Achegamos unha serie de tarefas para realizar en casa durante e despois da cuarentena e explicación adaptada por Patricia Robles Fernández con pictogramas.

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 29

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 29 de abril. 
Por certo, hoxe temos traballo tamén do teacher Rafa. Sabemos que encántanvos as súa clase. A traballar duro!!!



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.



Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é  a lectura do conto de O dragón comemedo de Baía Edicións #euquedolendo#baíaconnósnacasa. Esperamos que vos guste! 


Comeza a clase da profe Paula coa que ordenaremos sílabas para formar palabras, xogaremos ao VEO VEO e cantaremos a canción de "Todos somos capitáns". Para iso debedes ler despaciño as súas explicacións e despois premer no encerado que temos debaixo. 

Seguimos traballando figuras xeométricas, medidas de lonxitude e capacidade e Smartick coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rafa inglés.
E pola tarde? Propoñemos preparar a merenda: un bocata de xamón e queixo



E despois comemos o bocata que seguro que está boísimo mentras lemos e escoitamos o conto "Los secretos del abuelo sapo" conto adaptado con pictogramas realizado por   Garviñe Candina.


lunes, 27 de abril de 2020

TRANSMITIMOS SEGURIDADE AOS NOSOS FILLOS E FILLAS PARA SAÍR DE CASA

A Xunta de Galicia ofrece unha serie de pautas que imos deixar para transmitirlle seguridade á rapazada para saír de casa.


RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR DE CASA

O Ministerio de Sanidade achega a través dun vídeo as normas a aplicar para saír de casa coa fórmula dos catro 1:

  • 1 adulto
  • 1 vez
  • 1 hora
  • 1km
Imos saír con responsabilidade e cumprindo coas medidas de hixiene e distancia de seguridade!

Deixamos o vídeo


COMO AFRONTAR A ANSIEDADE E ESTRÉS?

Deixamos unhas infografías de Autismo Galicia e o Servizo Galego de Saúde con recomendacións para a mellora do estrés e a ansiedade e saúde en xeral.
Esperamos que sexan de utilidade!


PAUTAS PARA O TEMPO EN CASA E PERSOAS CON AUTISMO

Deixamos unha infografía de @Autismo Galicia para o tempo en casa e persoas con autismo.




CADERNO DE TRABALLO, MARTES 28

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 28 de abril. Queremos decirvos que estamos moi moi contentos polos vídeos e fotos que nos estades enviando, gústannos moitísimo! 



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  EL OLEDOR EXPLORADOR un conto da colección DISFRUTA de APRENDICES VISUAIS. Esperamos que vos guste!


Comeza a clase da profe Paula coa que hoxe vas a ordenar palabras para facer frases e imos traballar a atención. Despois cantaredes a canción de "Peixiños do mar". Empezamos coma sempre lendo as explicacións da profe para premer a continuación no encerado.

Seguimos coa profe Glenda traballando problemas matemáticos operacións con calculadora e figuras xeométricas premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos co profe Rubén distintos tipos de animais!
E pola tarde? Propoñemos crear e xogar coa area.







domingo, 26 de abril de 2020

GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS NAS SAÍDAS DOS NENOS E NENAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Achegamos a guía de boas prácticas nas saídas da poboación infantil durante o estado de alarma realizada polo Ministerio de Sanidade.
Esperamos que sexa de axuda


CADERNO DE TRABALLO, LUNS 27 DE ABRIL

Ola, aquí estamos unha semana máis o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, LUNS, 27 de abril.



Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos. 
A nosa proposta é ler un conto de Carmen Esteban  para explicar aos nenos e nenas o desconfinamento e para preparalos para a volta á rúa anticipando o día da saída, falando das súas emocións e preparando as normas que deben seguir durante ás saídas á rúa. O oso goloso sabe o que é pasar moito tempo sen saír e está disposto a axudar aos nenos e nenas. Preparados...!


Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos a conciencia silábica buscando palabras que comezan pola mesma sílaba e rematará coa canción "Resistiré" adaptada con pictogramas. Para iso prememos no encerado que temos debaixo pero primeiro imos ler as explicacións da profe!

Seguimos coa profe Glenda traballando numeración, gráficos e coa aplicación SmarticK premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos os medios de transporte co profe Rubén!
E pola tarde? A profe Glenda propón facer un pouco de papiroflexia. Veredes que divertido é!




sábado, 25 de abril de 2020

CONTO: O OSO GOLOSO

A pscóloga infantil Carmen Esteban preparou un conto para explicar aos nenos e nenas o desconfinamento e para preparalos para a volta á rúa anticipando o día da saída, falando das súas emocións e preparando as normas que deben seguir durante ás saídas á rúa.

O oso goloso sabe o que é pasar moito tempo sen saír e está disposto a axudar aos nenos e nenas. Preparados...!



CONSEXOS PSICOLÓXICOS PARA FAMILIAS CON NENOS/AS DURANTE A PANDEMIA DO COVID-19

llll
A psicóloga e orientadora escolar, María Guzmán Berlinches ofrece unhas orienacións para familias con nenos e nenas durante a pandemia de COVID-19. É unha adaptación das recomendacións do Colexio oficial de Psicoloxía de Madrid. Fala entre outras cousas de como falar cos nenos e nenas sobre a situación de epidemia e de confinamento en domicilio evitando así situacións de estress: como protexerse (hixiene, lavado de mans...), que facer en casa durante este tempo para non aburrirse, como relaxarse en momentos de tensión...

viernes, 24 de abril de 2020

TEATRO EN FAMILIA: MAMÁ CABRA, 15 PRIMAVERAS

Que podemos facer este finde? Que mellor idea que ver teatro en familia. Recomendamos MAMÁ CABRA, 15 PRIMAVERAS. 
Este espectáculo foi creado por Mamá Cabra no seu 15º aniversario para facer chegar aos máis pequenos as súas mellores cancións.

Esperamos que o pasedes moi ben vendo esta obra!

QUE NADA NOS QUITE O SONO

A perda do contexto social, o estado de ansiedade e a exposición á luz que estamos a vivir estes días están a favorecer as alteracións no sono: dificultade para iniciar o sono, despertar con frecuencia, despertar moi cedo...

TEA Galicia proporciónanos unha serie de estratexias para facilitar o sono:


jueves, 23 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, VENRES 24 DE ABRIL

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 24 de abril.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
Coa finalidade de  anticipar a saída dos nenos e nenas á rúa a partires do domingo 26 (tras o confinamento) e cumprir coas normas establecidas,  imos propoñer para hoxe a lectura dun conto de Miren J. García Celada con pictos de ARASAAC que explica o que debemos facer cando saímos á rúa e a lectura dunha historia social de Ana Escobar con pictos de Arasaac.




Seguimos coa clase da profe Paula construíndo frases a partires de imaxes, que despois leeremos e cantando a canción do "Tío Nicanor". Lemos primeiro as explicacións da profe e despóis prememos no encerado que temos debaixo. Non vos esquezades de descargar a presentación!
A continuación traballamos numeración  coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar os animais vertebrados e invertebrados co profe Rubén premendo no encerado que temos debaixo:

E pola tarde? Propoñemos realizar serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa dentro do programa da Consellería de Educación MÓVETE CONNOSCO NA CASA.

HISTORIA SOCIAL: FACEMOS PEQUENAS SAÍDAS!


Deixamos unha historia social de Ana Escobar con pictos de Arasaac a modo de anticipación para preparar a saía dos menores de 14 anos á rúa cumprindo á condicións establecidas. 



CONTO SUPERHEOE CONTRA O VIRUS

Hoxe deixamos un conto de Miren J. García Celada con pictos de ARASAAC que explica o que debemos facer cando saímos á rúa coa finalidade de  anticipar a saída dos nenos e nenas á rúa tras o confinamento e cumprir coas normas establecidas.


Normas para saír á rúa: