Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: EL OLEDOR EXPLORADOR un conto da colección DISFRUTA de APRENDICES VISUAIS. Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula coa que hoxe vas a ordenar palabras para facer frases e imos traballar a atención. Despois cantaredes a canción de "Peixiños do mar". Empezamos coma sempre lendo as explicacións da profe para premer a continuación no encerado.
Seguimos coa profe Glenda traballando problemas matemáticos operacións con calculadora e figuras xeométricas premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos co profe Rubén distintos tipos de animais!
E pola tarde? Propoñemos crear e xogar coa area.
No hay comentarios:
Publicar un comentario