Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta é ler un conto de Carmen Esteban para explicar aos nenos e nenas o desconfinamento e para preparalos para a volta á rúa anticipando o día da saída, falando das súas emocións e preparando as normas que deben seguir durante ás saídas á rúa. O oso goloso sabe o que é pasar moito tempo sen saír e está disposto a axudar aos nenos e nenas. Preparados...!
Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos a conciencia silábica buscando palabras que comezan pola mesma sílaba e rematará coa canción "Resistiré" adaptada con pictogramas. Para iso prememos no encerado que temos debaixo pero primeiro imos ler as explicacións da profe!
Seguimos coa profe Glenda traballando numeración, gráficos e coa aplicación SmarticK premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos os medios de transporte co profe Rubén!
E pola tarde? A profe Glenda propón facer un pouco de papiroflexia. Veredes que divertido é!
No hay comentarios:
Publicar un comentario