Páginas

martes, 28 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 29

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 29 de abril. 
Por certo, hoxe temos traballo tamén do teacher Rafa. Sabemos que encántanvos as súa clase. A traballar duro!!!



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.



Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é  a lectura do conto de O dragón comemedo de Baía Edicións #euquedolendo#baíaconnósnacasa. Esperamos que vos guste! 


Comeza a clase da profe Paula coa que ordenaremos sílabas para formar palabras, xogaremos ao VEO VEO e cantaremos a canción de "Todos somos capitáns". Para iso debedes ler despaciño as súas explicacións e despois premer no encerado que temos debaixo. 

Seguimos traballando figuras xeométricas, medidas de lonxitude e capacidade e Smartick coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rafa inglés.
E pola tarde? Propoñemos preparar a merenda: un bocata de xamón e queixo



E despois comemos o bocata que seguro que está boísimo mentras lemos e escoitamos o conto "Los secretos del abuelo sapo" conto adaptado con pictogramas realizado por   Garviñe Candina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario