Continuamos coa hora de ler, onde escollemos un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
Aquí deixamos unha adaptación dos contos clásicos con símbolos pictográficos de ARASAAC de María Yáñez Calviño, Juana Bayo, Marta López Viso e Ruth Rodríguez Pérez baseandose en contos clásicos da editorial COMBEL. Esperamos que vos gusten!
Continuamos coa clase da profe Paula e seguimos traballando a canción de O Sapo premendo no encerado que temos debaixo e descargando a presentación para escoitala moi moi ben! Non vos esquezades de descargar a presentación!
Seguimos coa profe Glenda traballando as medidas de lonxiutde e a atención e premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos os músculos co profe Rubén!
E pola tarde? Propoñemos ver e escoitar un conto que sabemos que vos gusta moito moitísimo (conto con pictogramas elaborado polo CEIP. Plurilingüe "Anxo da Garda") mentras tomamos un batido de fresa e plátano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario