Páginas

miércoles, 29 de abril de 2020

CADERNO DE TRABALLO, XOVES 30

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 30 de abril.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  LAS PELUSAS SE MUDAN DE CASA un conto da colección DISFRUTA de APRENDICES VISUAIS. Esperamos que vos guste!




Seguimos coa clase da profe Paula descubrindo palabras secretas identificando os sons iniciais de cada palabra, xogando cos conceptos básicos e cantando a canción de "Esa granxa".  Lemos primeiro as explicacións da profe e despóis prememos no encerado que temos debaixo. 



A continuación traballamos numeración  e problemas coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:


Finalmente imos traballar os animais domésticos e salvaxes co profe Rubén. Primeiro debes visualizar o seguinte vídeo e despois ler as explicacións do profe e realizar unha ficha premendo no encerado que temos debaixo:




E pola tarde? A profe Glenda propón crear e experimentar con macarróns.



No hay comentarios:

Publicar un comentario