A timidez é un trazo característico da personalidade ou de certas etapas da
vida caracterizada polo falta de aprehensión, confort ou incomodidade ante
determinadas situacións sociais e débese a un conxunto de factores hereditarios
ou da contorna.
As persoas tímidas prefiren estar soas ou relacionarse con poucos antes que
facelo en gran grupo, cústalles tomar a iniciativa nas relacións sociais,
cústalles expresar a súa opinión ou preferencias en presencia doutras persoas e
precisan ambientes seguros para relacionarse. Esta timidez pode ir acompañada
dunha baixa autoestima.
Certo grao de timidez pode ser beneficioso porque nos fai máis prudentes,
cautos e reflexivos, pero cando a timidez é un problema?
A timidez é un problema cando nos impide funcionar con normalidade na nosa
vida cotiá:
- A timidez impide establecer vínculos con persoas diferentes á nosa familia.
- A timidez produce temor, medo ou ansiedade provocandomalestar ou sufrimento importante.
- A timidez provoca falta de condutas interactivas impedindo realizar actividades habituais como participar na clase, iniciar conversas, xogar cos outros, comprar, pedir axuda, acudir ou celebrar eventos (aniversarios, festas...).
- Baixa autoestima impedindo defender os nosos dereitos e/ou presenza de síntomas psicosomáticos (dor de barriga, dor de cabeza...).