Páginas

martes, 23 de junio de 2020

NOITE DE SAN XOÁN

Esta noite celebramos a noite de San Xoan coas tradicionais fogueiras ou cacharelas. Este San Xoán é atípico e temos que seguir sendo responsables. Nas reunións familiares e cos amigos debe acompañarnos a prudencia. 
Ademais non debemos esquecer as particularidades sensoriais das persoas con TEA para que tamén poidan disfrutar desta noite @AprenemAutisme.


jueves, 18 de junio de 2020

NON MARCHAMOS, CONTINUAMOS...

O 17 de marzo comezamos a andadura deste blog porque a pesares da situación de confinamento provocada pola Covid-19 queriamos seguir tendo contacto co noso alumnado  e familias durante o tempo que estivesen suspendidas as clases facilitando recursos, elaborando e seleccionando materiais para facer fronte ás adversidades que ían xurdindo, elaborando e seleccionando traballo para o noso alumnado, ofrecendo pautas as familias e ao profesorado...
Hoxe decidimos que imos seguir convosco deste xeito ademais de presencialmente coa espezanza de que sigamos sendo unha pequena axuda.

NON MARCHAMOS, CONTINUAMOS!!


Podedes contactar connosco nos seguintes enderezos orientacionleirado@gmail.com, ceip.leirado@edu.xunta.es e  no teléfono 886110728.


CADERNO DE TRABALLO, VENRES 19

Ola!!! O profesorado do departamento de orientación e o equipo docente de 4º  curso rematamos hoxe estes cadernos de traballo. Estamos moi moi contentos co traballo realizado todo este tempo e queremos desexarvos unhas estupendas e ben merecidas vacacións de verán!!! Esperamos volver traballar xuntos e presencialmente este 10 de setembro!!!




Non queremos marchar eso sí sen deixar  as actividades de mañá, VENRES, 19 de xuño. Unhas actividades un pouco diferentes ás de estes días.

Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe  EL CONSTIPADO DEL SOL, un conto  de Esperanza Medina e Isabel Fernández da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!



Comeza a clase da profe Paula cunha pequeniña explicación de que rematan as clases e comezan as vacacións. Outra pequena actividade interactiva sobre o verán. E para rematar, e como despedida, a canción de "Vacas de verán" de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Seguimos coa profe Glenda traballando matemáticas. Prememos na seguinte pizarra:

E para rematar, imos traballar co profe Rubén a protección da natureza cantando. Para iso, debemos ler as intruccións onde explicamos que é a última clase do curso e que imos cantar. Deberemos ver dous vídeos onde se presentan dúas cancións moi divertidas que nos ensinan a importancia de cuidar o medio ambiente. Se nos animamos tamén podemos bailar. Prememos primeiro no encerado que temos debaixo para ler as explicacións do profe Rubén.





Por último, deixamos este material de Diana Bericochea Álvarez que ten como obxectivo servir de apoio á comunicación de nenos e nenas con necesidades vinculadas a este aspecto. Cada tarxeta recolle unha necesidade relacionada co verán e está composta pola expresión escrita con letra, pictogramas de ARASAAC e unha fotografía que representa a necesidade.




miércoles, 17 de junio de 2020

AXENDA VISUAL PARA SEGUIR AS RUTINAS NA CASA

Dende o CPEE Latores, elaboránronse axendas visuais e manipulativas para que o alumnado siga coas rutinas no fogar. 

Estas axendas inclúen varias formas de representación, de maneira que se axusten mellor ao perfil competencial de cada alumno e alumna. 

Ademais, inclúense tamén  exemplos de obxetos que se poden usar con función anticipatoria. 


CADERNO DE TRABALLO, XOVES 18

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 18 de maio.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: PÍO PÍO QUE YO NO HE SIDO, un conto  de María del Mar López Delgado y Francesca Assirelli da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo. Esperamos que vos guste!



Seguimos coa clase da profe Paula coa que  veremos unha  presentación interactiva sobre a temática do verán para traballar diferentes aspectos da linguaxe. Tamén unha actividade para recortar e pegar sobre cousas que podemos facer nas vacacións de verán. Por último, hoxe toca a canción preferida da profe Paula, "Ven comigo", de María Fumaça. Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.

A continuación traballamos mates coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos repasar co profe Rubén as paisaxes de costa. Para iso accederemos ás instruccións onde se explica que debemos ver un vídeo prestando moita atención para, a continuación, facer unha actividade interactiva moi sinxela que consiste en colocar os principais elementos da paisaxe de costa. Prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións do profe Rubén.

 


E pola tarde? Fixemos unha rá e un peixe con Jorge Pardo. Imos seguir traballando a nosa motricidade facendo este raposo (papiroflexia con Jorge Pardo).



martes, 16 de junio de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 17

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 17 de XUÑO. 



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.



Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe  EL SOMBRERO QUE VOLÓ, un conto  de José Carlos Román e Mónica Carretero da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar cunha presentación sobre o verán para ler e facer alguhas actividades relacionadas. Tamén unha actividade de clasificar roupa de verán e roupa de inverno, onde teremos que recortar e pegar. Por último, a canción de "Esto bailase así" de Uxía Lambona e a Banda Molona.  Para facer todo iso debedes ler as explicacións da profe e premer no encerado que temos debaixo.
Agora imos traballar matemáticas coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra: 
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén a alimentación saudable. Para iso accederemos primeiro ás instruccións onde se lle indica que debemos ver un vídeo dúas veces, prestando moita atención. A continuación, accederemos a unha ficha interactiva que ten varias actividades para facer co ordenador. A ficha é autocorrixible.



E pola tarde?  Podemos gañar autonomía facendo a nosa merenda. A nosa proposta: DOCES ÁRABES. 



Despois podemos ver e escoitar o conto con pictogramas que seve para traballar a lectura global "El edificio que había que romper", adaptación de Garbiñe Candina dun Conto por Teléfono de Gianni Rodari.


O VERÁN QUE NECESITAS: CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA

Baixo o lema O VERÁN QUE NECESITAS, a Campaña de verán 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia.
  • "Minicampamentos" de 5 días en instalacións turísticas en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.  
Esta edición, como consecuencia da situación de crise sanitaria provocada pola covid-19, realizarase baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias: redución de aforo, reforzo do persoal monitor e incremento das medidas hixiénico sanitarias.

Así mesmo e, co obxectivo de favorecer a inclusión social, a mocidade con discapacidade, en función das limitacións que presente, poderá decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/campamentos-de-veran-especificos-para-persoas-con-discapacidade-2020)

Quen pode solicitar praza?
As persoas mozas residentes en Galicia que non padezan enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible ca covid-19. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar:

  • As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación das solicitudes será de sete días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.

Podedes atopar máis información na páxina web: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran







CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2020:



lunes, 15 de junio de 2020

FICHAS PARA TRABALLAR O AUTOCONTROL NAS PERSOAS CON TEA

Deixamos este material creado e publicado por Amaya Ariz, presidenta da Asociación Navarra de Autismo-ANA, con pictogramas de ARASAC e Picto Selector, para traballar o autocontrol, os enfados, as rabechas, as crises e a flexibilidade nas persoas que presentan Trastornos do Espectro do  Autismo.
Esperamos que sexan de utilidade!!




CADERNO DE TRABALLO, MARTES 16

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 16 de xuño. 



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe  Y DE REPENTE SE FUE LA LUZ... DE LA LUNA, un conto  de Xabier Frías Conde e Laufer da editorial PINTAR-PINTAR #yomequedoencasaleyendo . Esperamos que vos guste!



Comeza a clase da profe Paula cunha actividade para descifrar a mensaxe oculta, onde se deberá cambiar os debuxos polas letras que correspondan. Tamén unha actividade online de seguimento de instrucións e, por último,  vemos o conto e escoitamos a canción de "A princesa do Caurel".  
Seguimos coa profe Glenda traballando matemáticas. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, imos traballar co profe Rubén  aspectos clave da educación vial. Debemos ler as instruccións onde se  indica que accederemos a unha ficha interactiva con tres vídeos moi sinxelos e con información que servirá para realizar as actividades interactivas que a ficha inclúe a continuación.

E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la estrella de FESPAU (Federación Española de Autismo). 



sábado, 13 de junio de 2020

E AGORA QUE? COMO MANEXAR AS TÚAS EMOCIÓNS NA DESESCALADA

Deixamos este completa guía do Colexio da Psicoloxía de Madrid para facer fronte ás emocións producidas pola desescalada: incertidume, indefensión, medo, enfado....




jueves, 11 de junio de 2020

ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Autismo Galicia deixanos esta guía sobre accesibilidade cognitiva para facilitar a orientación na contorna, entender a información que nos rodea, comunicarse e relacionarse con outras persoas. A accesibilidade cognitiva axuda a todas as persoas pero especialmente ás persoas con dificultade para a comprensión do entorno.
Esperamos que sexa de axuda!!!



CADERNO DE TRABALLO, VENRES 12

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 12 de xuño.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.

A proposta de hoxe:     O TEMPO DO REVÉS de María Solar de Baía Edicións #euquedolendo #baíaconnósnacasa. Esperamos que vos guste!!


Seguimos coa clase da profe Paula traballando unha actividade interactiva para construír frases de catro elementos. Tamén un conto-canción titulado "La iguana y el perezoso!" para despois responder a preguntas da páxina de pictocuentos. Por último, a canción de "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras.  Lemos as explicacións da profe e prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos mates coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente seguiremos traballando co profe Rubén a pirámide alimentaria. Primeiro accederemos ao documento das instruccións onde se explica que faremos unha ficha interactiva co ordenador. Na propia ficha a primeira actividade consiste en ver un vídeo que explica o tema de forma sinxela. Tras velo dúas veces deberemos realizar as dúas actividades interactivas que hai a continuación.

E pola tarde? Propoñemos xogar ao 1, 2, 3 CHOCOLATE INGLÉS, xogo popular adaptado con pictogramas para facelo comprensible para todos/as. Na ficha recóllese o título do xogo, os materiais, as características, o número de participantes e a descrición das distintas normas para o seu desenvolvemento, así coma as variantes e adaptacións. Esperamos que o pasedes moi moi ben!!





miércoles, 10 de junio de 2020

RUTINAS PARA A HIXIENE E ASEO PERSOAL

Deixamos un conxunto de tableiros de Marta Donés Martínez con distintas rutinas para a hixiene e o aseo persoal: duchase, lavar as mans, cepillar os dentes, ir ao baño, cortar as unllas e ir a durmir:


CADERNO DE TRABALLO, XOVES 11

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 11 de maio.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:  ANA Y LAS BOLSAS DE PLÁSTICO, un conto interactivo de Setefilla Lopez para concienciar sobre o impacto medioambiental do abuso das bolsas de plástico, que causan daños irreparables na nosa contorna habitual e no futuro do planeta. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que realizarás unha actividade  de razoamento verbal e categorías semánticas, onde se deberá localizar os elementos intrusos. Tamén unha proposta de actividade online de seguimento de instrucións e, por último, a canción de "Rocanrol Dragón" de Magín Blanco. Coma sempre, prememos no encerado que temos debaixo para realizar as actividades.
A continuación traballamos mates coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar co profe Rubén as 3 R (reducir, reutilizar e reciclar) como unha forma de axudar á natureza. Leeremos as instrucións onde se explica o que imos facer, despois veremos dous vídeos (o primeiro no que se explica de forma moi sinxela que son as 3 R e o segundo é unha canción coa que aprenderemos a cor dos contenedores para reciclar correctamente). Finalmente realizaremos unha ficha interactiva autocorrixible. Prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións do profe Rubén.






E pola tarde? Imos traballar a nosa motricidade facendo esta ra (papiroflexia con Jorge Pardo).