Deixamos estas pautas ACOMPAÑAMENTO NO COIDADO DO BENESTAR EMOCIONAL NA COMUNIDADE EDUCATIVA: Fortalecendo a nosa resiliencia elaboradas polo Equipo de Orietación Específico da Coruña.
domingo, 31 de mayo de 2020
CADERNO DE TRABALLO, LUNS 1
Ola, aquí estamos unha semana máis o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º para deixarvos as actividades de mañá, LUNS, 1 de xuño. Hoxe está connosco tamén o teacher Rafa.
Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta é ler o conto/ poesía: LAS NUBES ME DICEN HOLA, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica.
Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos a estimulación da linguaxe en xeral (vocabulario, campos semánticos, categorías semánticas, intrusos, determinantes...). Tamén unha actividade para traballar a atención, mediante a busca e conteo de diferentes animais e, por último, a canción de "Manola", de María Fumaça. Lemos as explicacións da profe e posteriormente prememos no encerado.
Seguimos coa profe Glenda traballando o diñeiro (moedas e billetes) premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
viernes, 29 de mayo de 2020
COMO AXUDAR AOS NENOS/AS CON MEDO DE SAÍR A PASEAR NA DESESCALADA
Principio
del formulario
Uns
dos efectos provocados pola desesescalada da pandemia do COVID-19 son os sentimentos de medo, ansiedade, tristura… que
amosan os/as nenos/as á hora de saír á rúa.
Durante
estas semanas oíron falar repedidamente que non podían saír por mor do
coroavirus e agora hai pequenos/as que amosan reticencias á hora de saír a
pesar das máscaras, as distancias e demais medidas de autoprotección.
O
medo é "unha emoción humana que se activa cando se percibe unha ameaza
para a supervivencia, a integridade física ou o benestar psicolóxico, e os/as
nenos/as non son alleos ao ambiente que os rodea", explica o psicológo
José Luis Gonzalo Marrodán, especialista en psicoloxía infantil e membro da
Sociedade Española de Psiquiatría e Psicoterapia do Neno e do Adolescente
(Sepypna). "É normal que algúns poidan sentir medo".
Os
nenos/as deben de saber por que estaban encerrados, en que consiste a
enfermidade e como se contaxia para entender a “nova normalidade.
Como
actuar cos nenos que teñen medo de saír?
Os/As
nenos/as poden sentir medo, pero "tamén teñen recursos", salienta
Gonzalo Marrodán. Debemos de detectar e potenciar eses recursos "sendo conscientes
do noso propio medo como adultos e xestionalo". Non se trata de non ter
ningún medo, nin de negalo ou minimízalo senón de ser conscientes do propio medo para xestionalo, regulalo e transmitir seguridade aos demais
tanto verbalmente coma coa nosa
xestualidade.
GUÍA PARA O PROCESO DE DESESCALADA
O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid publica unha guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desescalada. E agora que?
O novo escenario de desescalada que se inicia agora supón novos retos que debemos de saber afrontar para que a vollta á normalidade se produza do mellor modo e o antes posible. Atopámonos cunha situación nova na que debemos aprender a vivir e convivir e xorden sentimentos coma o medo, a incertidume, a ansiedade, a rabia, a tristura...
Para os nenos/as, ao igual que para os adultos, esta pandemia supuxo unha nova situación á que tiveron que adaptarse e é normal que agora estean asustados e amosen desconfianza.
Esta guía supón unha axuda para este proceso de desescalada que estamos a vivir. Nela analízanse as reaccións que poden xurdir ante este proceso de desescalada e ofrécense pautas, estratexias e ferramentas para unha adaptación eficaz a este proceso de desescalada para nenos/as, para adolescentes e para os nosos maiores.
jueves, 28 de mayo de 2020
PROTEXÉMONOS DO CORONAVIRUS
Presentación interactiva de Verónica García Romero, baseada en Genially, para que o alumnado comprenda e acepte as pautas básicas para protexerse do coronavirus, unha vez se poida empezar a sair de forma máis normalizada.
CADERNO DE TRABALLO, VENRES 29
Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 29 de maio.
Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: LA BALLENA ELENA, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica.
Seguimos coa clase da profe Paula traballando unha actividade para traballar a morfoxintaxe, coa lectura de frases e respostando a preguntas. Tamén unha actividade online de unir cada palabra coa súa imaxe (palabras con -ll-). E para rematar a canción de "Ir lá" de María Fumaça. Prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos o reloxo, sumas e restas con calculdora e a aplicación Smartick coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente seguiremos traballando co profe Rubén dun xeito máis lúdico e co ordenador. Comezaremos vendo o vídeo que tes debaixo e que inclúe unha canción moi divertida sobre os cinco sentidos para posteriormente ler as instrucións do profe (premendo no encerado que temos debaixo) e realizar tres actividades coas que repasaremos algúns temas do corpo humano que estivemos traballando.
E pola tarde? Propoñemos arranxar o pelo destes monstros á vez que melloramos a nosa motricidade.
miércoles, 27 de mayo de 2020
GUÍA INFORMATIVA COVID-19
Deixamos esta guía informativa de Cristina Villaverde San José que recopila información clara e visual acerca das características das personas con Trastorno do Espectro Autismo (TEA) e o impacto que ten nestas persons, máis específicamente nos/as nenos/as, as medidas tomadas como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno de España ante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19.
CADERNO DE TRABALLO, XOVES 28
Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, XOVES, 28 de maio.
Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: EL SEÑOR CHAPLÍN, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica., Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que realizarás unha actividade para identificar o son inicial de diferentes palabras, asociando son-grafía e localizando a palabra resultante da unión de todos os sons. Tamén un dictado visual de palabras trabadas de xeito online e, por último, a canción de "Naturizo chegou". Lemos as explicacións da profe e ,coma sempre, prememos no encerado que temos debaixo para realizar a actividade.
A continuación traballamos xeometría coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos repasar os continentes e os océanos co profe Rubén centrándonos fundamentalmente na súa localización no mapa mundi. Primerio visualizaremos un vídeo e despois accederemos ás instrucciones premendo no encerado que temos debaixo para facer un puzzle sobre un mapa mundi onde aparecen situados os nomes dos continentes e os océanos.
E pola tarde? Imos traballar e reforzar a memoria, a velocidade de resposta, o vocabulario e a cultura xeneral xogando ao tradicional xogo do TUTTI FRUTTI ou do STOP, adaptado con pictogramas, no que deberemos dicir ou escribir palabras pertenecentes a unha categoría e que empezan pola letra que aparece ao final da tira. Adaptación de Diana Bericochea Álvarez
Recomendamos ler as instrucións antes de comezar a xogar!!!
martes, 26 de mayo de 2020
FASE 2: PLAN PARA A TRANSICIÓN Á NOVA NORMALIDADE
O pasado luns 25 comezamos o plan para a transición cara a unha nova normalidade. Deixamos estas guías da fase 2.
CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 27
Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 27 de maio.
Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto EL MAGO CIRUELO, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica., Esperamos que vos guste!
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica., Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar a escritura axeitada de palabras trabadas. Tamén un xogo online para ordenar palabras e formar frases e, por último, a canción de "O veleiro verde" de María Fumaça. Para facer todo iso debedes premer no encerado que temos debaixo e no enlace.
Agora imos traballar series numéricas coa calculadora, número anterior e posterior e aplicación Smatick coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén o aparato locomotor, centrándonos fundamentalmente en saber situar os osos e os músculos máis importantes. Vemos primeiro o seguinte vídeo e despois prememos no encerado para acceder ás explicacións e facer as actividades.
E pola tarde? A nosa proposta e a realización deste memo auditivo!!
lunes, 25 de mayo de 2020
HISTORIA SOCIAL: FACEMOS FOTOS CO MÓBIL E COA TABLETA
Deixamos esta historia social de Patricia Robles Fernández que explica como poder facer fotos e selfies coa tableta e co móbil. Tamén se inclúe unha historia social que explica a que e a quen se pode facer ou non fotos e en que circunstancias.
A que e a quen podemos facer ou non fotos?
CADERNO DE TRABALLO, MARTES 26
Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 26 de maio.
Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: CÓMO ES MI CASA, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica.
Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: CÓMO ES MI CASA, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica.
Comeza a clase da profe Paula cunha tarefa de recortar e clasificar vocabulario segundo a categoría a que pertenza e, a escritura das palabras correspondentes. Por último, a canción de "Don Ramón - A nena e o Grilo nun Barquiño" de Magin Blanco.
Seguimos coa profe Glenda traballando as unidades de tempo: o calendario e a hora. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, seguimos traballando co profe Rubén os continentes e para iso ímonos adentrar no estudo dos océanos do planeta. Veremos primeiro os vídeos que temos a continuación e despois prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións e a teoría e veremos un mapamundi no que se sitúan os continentes e os océanos. Finalmente faremos un xogo co ordenador onde deberemos situar tanto os continentes coma os océanos.
E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la jirafa y la tortuga de FESPAU (Federación Española de Autismo).
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la jirafa y la tortuga de FESPAU (Federación Española de Autismo).
domingo, 24 de mayo de 2020
CONFERENCIA: OS TRASTORNOS DA APRENDIZAXE: A CAUSA MÁIS FRECUENTE DE DIFICULTADES ESCOLARES
Deixamos esta conferencia de Anna Sans, autora de Por qué me cuesta tanto aprender e colaboradora de diferentes institucións e proxectos de investigación e divulgación de ferramentas para o diagnóstico e xestión dos trastornos de aprendizaxe en nenos/as e adolescentes.
CADERNO DE TRABALLO, LUNS 25
Ola, aquí estamos unha semana máis o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º para deixarvos as actividades de mañá, LUNS, 25 de maio. Hoxe está connosco tamén o teacher Rafa.
Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta é ler o conto UN DÍA DE TREBOADA de María de Mata e Mariana Riestra de BaiaEdicións. Preparados....!!!
Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos comprensión. Primeiro comezaremos con comprensión oral e visual e despois comprensión escrita. Para rematar cantaremos e bailaremos a canción de "Paco Papán"
Seguimos coa profe Glenda traballando a hora e a aplicación Smartick premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)