Páginas

martes, 12 de mayo de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 13

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 13 de maio. 



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto  RANA DE TRES OJOS, un conto de Olga de Dios. Esperamos que vos guste!



Comeza a clase da profe Paula que propón traballar estes días a conmemoración das Letras Galegas.  
A tarefa de hoxe consitirá en ler a presentación da biografía de Carvalho Calero. Despois leremos, ensaiaremos e gravaremos en vídeo uns versos de "As pitas baixo a choiva" que nolo enviaredes. Finalmente veremos un vídeo sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero. Para facer todo iso debedes ler despaciño as explicacións da profe premendo no encerado que temos debaixo.
Agora imos traballar numeración e a aplicación Smartick coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén as plantas. Vemos primeiro o seguinte vídeo e despois prememos no encerado para acceder ás explicacións e actividades.


E pola tarde? A nosa proposta e traballar o ritmo co xogo de mans PIM PAU PICAPIEDRA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario