Páginas

martes, 26 de mayo de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 27

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 27 de maio. 



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto  EL MAGO CIRUELO, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica.,  Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula que propón traballar a escritura axeitada de palabras trabadas. Tamén un xogo online para ordenar palabras e formar frases e, por último, a canción de "O veleiro verde" de María Fumaça. Para facer todo iso debedes premer no encerado que temos debaixo e no enlace.
Agora imos traballar series numéricas coa calculadora, número anterior e posterior e aplicación Smatick coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén o aparato locomotor, centrándonos fundamentalmente en saber situar os osos e os músculos máis importantes. Vemos primeiro o seguinte vídeo e despois prememos no encerado para acceder ás explicacións e facer as actividades.



E pola tarde? A nosa proposta e a realización deste memo auditivo!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario