Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: EN FAMILIA, un conto de Olga de Dios. Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula cunha actividade de comprensión visual e escrita (tendo que elixir a resposta correcta) o xogo de PASAPALABRA (de Comunicar-nos, onde hai que elixir o debuxo que comeza pola letra axeitada); e para rematar, a canción "Na beira", de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Seguimos coa profe Glenda traballando resolución de problemas coa calculadora, unidades de lonxitude e a aplicación Smartick. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, seguimos traballando co profe Rubén os continentes. Nesta ocasión imos coñecer América. Vemos primeiro os vídeos que temos a continuación (un de América do Norte e outro de América do Sur) e despois prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións e facer as actividades.
E pola tarde? Propoñemos realizar meditación co videoconto do conto "Respira" , na aula de Elena. A relaxación é moi beneficiosa tanto a nivel emocional coma para a saúde, ademais favorece a aprendizaxe e as relacións sociais. Imos tentar relaxarnos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario