Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: ELENA EN CUARENTENA Y LA MISIÓN DE VENCER AL CORONAVIRUS Y AL ABURRIMIENTO un conto de Natalia Manchón Muñoz e Beatriz Canseco de la Rosa. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula que nos vai ensinar a describirnos. Para iso primeiro imos dicir oralmente como somos e logo escribimos no ordenador a nosa propia descrición. Finalmente imos cantar a canción XIQUI SOQUE, FIÚ FIÚ. Coma sempre prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos as figuras xeométricas, problemas con calculadora e Smartick coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar os continentes co profe Rubén. Primeiro debes visualizar o seguinte vídeo e despois accederemos á lectura e á tarefa premendo no encerado que temos debaixo:
E pola tarde? A profe Glenda propón a seguinte actividade para mellorar a nosa motricidade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario