Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: CUÁNDO VOLVERÁ TODO A SER COMO ANTES?, un conto que intenta dar resposta a algunhas inquedanzas e dúbidas que podemos ter durante o confinamento e que nos causan preocupación e ansiedade. Neste conto Raquel e Carla Soriano Rico intentan dar resposta para axudarnos a estar máis tranquilos. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula traballando unha actividade interactiva que debedes descargar premendo no enlace que vos deixa para traballar a conciencia fonolóxica. Trátase dunha aventura pirata! E para rematar a canción "A miña tía" de Mamá Cabra. Prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos o reloxo e a unidade de tempo coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente repasaremos o aparato dixestivo co profe Rubén, esta vez xogando co ordenador. Comezaremos vendo o vídeo do outro día para refrescar o que sabemos para posteriormente ler as instrucións do profe Ruben (premendo no encerado que temos debaixo) e xogar a estes dous xogos:
E pola tarde? Propoñemos crear e xogar con vasos de plástico ou cartón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario