Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: JOSE EN EL SUPERMERCADO un conto da colección APRENDE de APRENDICES VISUALES. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que deberás facer un mural collage sobre a figura de Carvalho Calero. Deberás recortar e pegar as fotos que che enviamos, facerche unha foto mentras fas o mural e envíanola. Coma sempre prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos numeración e operacións matemáticas coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar o continente africano co profe Rubén. Primeiro debes visualizar o seguinte vídeo e despois accederemos ás instrucións para facer as actividades premendo no encerado que temos debaixo:
E pola tarde? Para mellorar a nosa motricidade e ademáis pasalo moi moi benpropoñemos facer masa de sal e despois pintala (Laura Sahuquillo Martínez).
No hay comentarios:
Publicar un comentario