Por certo, hoxe temos traballo tamén da profe Patri. Sabemos que encántanvos as súas clases. A traballar duro!!!
Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
Comeza a clase da profe Paula que propón un traballo sobre a primavera que consta dunha presentación para ler, un power point para completar palabras e para rematar cantaremos e bailaremos a canción de "A primavera" de Mamá Cabra. Para facer todo iso debedes ler despaciño primeiro as súas explicacións e despois premer na flor e no encerado que temos debaixo.
Agora imos traballar unidades de masa e volume coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén cos animais salvaxes e domésticos. Vemos primeiro o seguinte vídeo e despois prememos no encerado para responder unha serie de adiviñas.
E pola tarde? A profe Patri propón escoitar e baiar a canción de "A rianxeira" que seguro que a coñecedes. Escoitamos, bailamos e prememos no encerado de abaixo para ler a letra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario