Páginas

martes, 19 de mayo de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MÉRCORES 20

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, MÉRCORES, 20 de maio. 



Igual que en días anteriores imos comezar a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.


Continuamos coa hora de ler, escollIendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta de hoxe é a lectura do conto  LEOTOLDA, un conto de Olga de Dios. Esperamos que vos guste!


Comeza a clase da profe Paula que propón ordenar sílabas para formar palabras, traballar as emocións (mediante unha presentación interactiva) e, por último, cantar e bailar a canción de "Eu teño a alguén" de María Fumaça.
Para facer todo iso debedes ler despaciño as explicacións da profe e premer no encerado que temos debaixo e no enlace.

Agora imos traballar numeración coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Rematamos a sesión de hoxe traballando co profe Rubén o aparato respiratorio. Vemos primeiro o seguinte vídeo e despois prememos no encerado para acceder ás explicacións e facer as actividades.


E pola tarde? A nosa proposta e bailar ao ritmo da canción infantil EN MI TRIBU.

No hay comentarios:

Publicar un comentario