Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
A nosa proposta é ler este manual-conto de Ángeles Ruiz Vázquez, farmacéutica. Ángeles Ruiz é a autora do Blog de divulgación sanitaria "Pócimas de salud". Con data 11 de marzo de 2020 e ante a pandemia de coronavirus ofrécenos este “Manual de coronavirus para niños” que pode ser de utilidade para informar e ao mesmo tempo diminuír a preoucpación de nenos e nenas e ensinarlles medidas útiles de hixiene e prevención.
Preparados...!
Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos unhas actividades para estimular a linguaxe, con vocabulario, uso axeitado de determinantes, rimas, etc. Tamén faredes un ditado con imaxes online e finalmente cantaredes e bailaredes a canción de "A horta de Balbina".
Seguimos coa profe Glenda traballando series numéricas con e sen calculadora premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
E pola tarde? Podemos gañar autonomía facendo a nosa merenda: un batido de fresa e plátano para despois ver e escoitar o conto "La selva loca".
No hay comentarios:
Publicar un comentario