Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
A proposta de hoxe: JOSÉ ESTÁ CONTENTO, un conto da colección APRENDE de APRENDICES VISUAIS. Esperamos que vos guste!
Comeza a clase da profe Paula cunha actividade de comprensión de imaxes e frases, onde hai que indicar se cada unha das frases é verdadeira ou falsa; unha actividade para traballar a atención coa busca e conteo de froitas; e para finalizar cantaremos e bailaremos a canción "Todo o día na casiña". Para realizar estas actividades prememos no encerado que temos debaixo.
Seguimos coa profe Glenda traballando numeración e xeometría. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos co profe Rubén o continente europeo. Vemos primeiro o vídeo que temos a continuación e despois prememos no encerado que temos debaixo para facer as actividades.
E pola tarde? Propoñemos realizar ioga para nenos e nenas. A relaxación é moi beneficiosa tanto a nivel emocional coma para a saúde, ademais favorece a aprendizaxe e as relacións sociais. Imos tentar relaxarnos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario