Páginas

domingo, 31 de mayo de 2020

CADERNO DE TRABALLO, LUNS 1

Ola, aquí estamos unha semana máis o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, LUNS, 1 de xuño. Hoxe está connosco tamén o teacher Rafa.



Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos. 
A nosa proposta é ler o conto/ poesía  LAS NUBES ME DICEN HOLA, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. 



Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos a estimulación da linguaxe en xeral (vocabulario, campos semánticos, categorías semánticas, intrusos, determinantes...). Tamén unha actividade para traballar a atención, mediante a busca e conteo de diferentes animais e, por último, a canción de "Manola", de María Fumaça. Lemos as explicacións da profe e posteriormente prememos no encerado.
Seguimos coa profe Glenda traballando o diñeiro (moedas  e billetes) premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
E pola tarde?  Podemos gañar autonomía untando crema de chocolate nunhas torradas de pan para despois ver e escoitar a canción con pictogramas que seve para traballar a lectura global "El ratoncito glotón" de Garbiñe Candina


No hay comentarios:

Publicar un comentario