Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: EL SEÑOR CHAPLÍN, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica., Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula coa que realizarás unha actividade para identificar o son inicial de diferentes palabras, asociando son-grafía e localizando a palabra resultante da unión de todos os sons. Tamén un dictado visual de palabras trabadas de xeito online e, por último, a canción de "Naturizo chegou". Lemos as explicacións da profe e ,coma sempre, prememos no encerado que temos debaixo para realizar a actividade.
A continuación traballamos xeometría coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos repasar os continentes e os océanos co profe Rubén centrándonos fundamentalmente na súa localización no mapa mundi. Primerio visualizaremos un vídeo e despois accederemos ás instrucciones premendo no encerado que temos debaixo para facer un puzzle sobre un mapa mundi onde aparecen situados os nomes dos continentes e os océanos.
E pola tarde? Imos traballar e reforzar a memoria, a velocidade de resposta, o vocabulario e a cultura xeneral xogando ao tradicional xogo do TUTTI FRUTTI ou do STOP, adaptado con pictogramas, no que deberemos dicir ou escribir palabras pertenecentes a unha categoría e que empezan pola letra que aparece ao final da tira. Adaptación de Diana Bericochea Álvarez
Recomendamos ler as instrucións antes de comezar a xogar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario