Páginas

jueves, 28 de mayo de 2020

CADERNO DE TRABALLO, VENRES 29

Ola, o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º deixámosvos as actividades de mañá, VENRES, 29 de maio.



Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler,  lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.

A proposta de hoxe:   LA BALLENA ELENA, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. 
Seguimos coa clase da profe Paula traballando unha actividade para traballar a morfoxintaxe, coa lectura de frases e respostando a preguntas. Tamén unha actividade online de unir cada palabra coa súa imaxe (palabras con -ll-). E para rematar a canción de  "Ir lá" de María  Fumaça. Prememos no encerado que temos debaixo.


A continuación traballamos o reloxo, sumas e restas con calculdora e a aplicación Smartick coa profe Glenda  premendo na seguinte pizarra:
Finalmente seguiremos traballando co profe Rubén dun xeito máis lúdico e co ordenador.  Comezaremos vendo o vídeo que tes debaixo e que inclúe unha canción moi divertida sobre os cinco sentidos para posteriormente ler as instrucións do profe (premendo no encerado que temos debaixo)  e realizar tres actividades coas que repasaremos algúns temas do corpo humano que estivemos traballando.





E pola tarde? Propoñemos arranxar o pelo destes monstros á vez que melloramos a nosa motricidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario