Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: EL OSO MARRONOSO, un conto adaptado con pictogramas que conta a historia dun oso con poderes máxicos que vai cambiando o seu corpo empregando a maxia. Conto do CEE San Rafael (Irene Trigo González-Breto e Sofía Marcó Martí). Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula á que responderás unhas preguntas a partir dunha imaxe, inventando previamente a súa correspondente frase. Propón tamén uns puzzles de Pictojuegos e finalmente a canción de "Heiche contar un conto" de María Fumaça. Coma sempre prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos as unidades de tempo e o manexo do reloxo coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar a Antártida co profe Rubén. Primeiro debes visualizar o seguinte vídeo e despois accederemos ás instrucións para facer as actividades premendo no encerado que temos debaixo:
E pola tarde? Imos traballar atención, memoria, conciencia fonémica e vocabulario xogando ao Veo-Veo (presentación interactiva na que se presentan distintas láminas con pictogramas e deben atoparse os que empezan pola letra proposta (Almudena Hernández López).
No hay comentarios:
Publicar un comentario