Comezamos a sesión de traballo coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe: PÁJARO AMARILLO, un conto de Olga de Dios. Esperamos que vos guste!
Seguimos coa clase da profe Paula traballando a conmemoración do día das Letras Galegas. Con Paula faremos unha serie de actividades relacionadas coa figura de Ricardo Carvalho Calero e, por último, veremos e escoitaremos o vídeo-conto de "As pitas baixo a choiva". Prememos no encerado que temos debaixo.
A continuación traballamos os números ordinais, numeración e a aplicación Smartick coa profe Glenda premendo na seguinte pizarra:
Finalmente imos traballar o corpo humano e nos adentraremos no aparato dixestivo co profe Rubén. Comezaremos vendo o vídeo que temos a continuación para posteriormente ler as instrucións do profe Ruben e facer as actividades premendo no encerado que temos debaixo:
E pola tarde? A profe Patri propón a seguinte actividade. Para realizala debes premer no encerado que temos debaixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario