Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta é ler este álbum de Jose Carlos Román e David Lorenzo no que tentan facer que estes días sexan un pouquiño máis levadeiros para os nenos e nenas amosando a cantidade de actividades lúdicas e divertidas que se poden facer dende casa aínda que non podamos ir ao colexio. Preparados...!
Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos unha actividade de pares mínimos onde hai que escribir a palabra correcta, faremos puzles en "Pictojuegos" e cantaremos e bailaremos "Os superheroes". Para iso prememos no encerado que temos debaixo.
Seguimos coa profe Glenda traballando operacións con calculadora, figuras xeométricas e coa aplicación SmarticK premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
E pola tarde? Podemos traballar a motricidade facendo a nosa merenda: unha saborosa brocheta de froitas de tempada. E por que non? traballando con gomas de quita e pon.
No hay comentarios:
Publicar un comentario