Páginas

lunes, 25 de mayo de 2020

CADERNO DE TRABALLO, MARTES 26

Ola, aquí estamos novamente o profesorado do departamento de orientación e o titor de 4º  para deixarvos as actividades de mañá, MARTES, 26 de maio. 



Imos comezar ao igual que estes días coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.

Continuamos coa hora de ler, escollendo un conto que lemos en voz baixa durante 10-15 minutos.
A proposta de hoxe:   CÓMO ES MI CASA, adaptación de David Romero Corral e José Manuel Marcos Rodrigo do  conto/poesía de Douglas Wright con pictogramas para facilitar a comprensión e a expresión oral, así coma a accesibilidade á cultura.
Douglas Wright é ilustrador, humorista, creador de xogos visuais e autor de libros para chicos/as. Os seus debuxos aparecen en libros e revistas de Argentina e en diarios de outros países. Entre os seus títulos máis coñecidos atópanse a colección Bichonario, ¿Qué será, qué será? e La caja mágica. 


Comeza a clase da profe Paula cunha tarefa de recortar e clasificar vocabulario segundo a categoría a que pertenza e, a escritura das palabras correspondentes. Por último, a canción de "Don Ramón - A nena e o Grilo nun Barquiño" de Magin Blanco. 

Seguimos coa profe Glenda traballando as unidades de tempo: o calendario e a hora. Prememos na seguinte pizarra:
E para rematar, seguimos traballando co profe Rubén os continentes e para iso ímonos adentrar no estudo dos océanos do planeta. Veremos primeiro os vídeos que temos a continuación  e despois prememos no encerado que temos debaixo para ler as instrucións e a teoría e veremos un mapamundi no que se sitúan os continentes e os océanos. Finalmente faremos un xogo co ordenador onde deberemos situar tanto os continentes coma os océanos



E pola tarde? Propoñemos realizar Mindfulness con esta adaptación:
Programa MindfulTEA para personas con autismo: Práctica de la jirafa y la tortuga de FESPAU (Federación Española de Autismo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario