Comezamos unha vez máis coa asamblea, onde explicamos as tarefas que imos facer ao longo da mañá.
Continuamos coa hora de ler, lendo un conto en voz baixa durante 10-15 minutos.
A nosa proposta é ler o conto UN DÍA DE TREBOADA de María de Mata e Mariana Riestra de BaiaEdicións. Preparados....!!!
Continuamos coa clase da profe Paula con quen traballaremos comprensión. Primeiro comezaremos con comprensión oral e visual e despois comprensión escrita. Para rematar cantaremos e bailaremos a canción de "Paco Papán"
Seguimos coa profe Glenda traballando a hora e a aplicación Smartick premendo na seguinte pizarra:
E para rematar, traballamos inglés co teacher Rafa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario