Páginas

viernes, 29 de mayo de 2020

GUÍA PARA O PROCESO DE DESESCALADA

O Colexio Oficial da Psicoloxía de Madrid publica unha guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desescalada. E agora que?

O novo escenario de desescalada que se inicia agora supón novos retos que debemos de saber afrontar para que a vollta á normalidade se produza do mellor modo e o antes posible. Atopámonos cunha situación nova na que debemos aprender a vivir e convivir e xorden sentimentos coma o medo, a incertidume, a ansiedade, a rabia, a tristura...

Para os nenos/as, ao igual que para os adultos, esta pandemia supuxo unha nova situación á que tiveron que adaptarse e é normal que agora estean asustados e amosen desconfianza.

Esta guía supón unha axuda para este proceso de desescalada que estamos a vivir. Nela analízanse as reaccións que poden xurdir ante este proceso de desescalada e ofrécense pautas, estratexias e ferramentas para unha adaptación eficaz a este proceso de desescalada para nenos/as, para adolescentes e para os nosos maiores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario